AD

Actualidad

Guinarte contrapón o compromiso do Goberno de España con Santiago á falta de respostas da Xunta

today5 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

Guinarte advirte de que nas eleccións xerais “o que decidamos nas urnas vai ter consecuencias moi concretas” para Compostela e defende ampliar o parque público, mobilizar as máis de 6.000 vivendas baleiras da cidade e manter as ferramentas da Lei de Vivenda.

Guinarte contrapón a aposta do Goberno socialista pola intervención pública en vivenda coa falta de respostas da Xunta para Santiago e reivindica a continuidade de investimentos estratéxicos como o Orbital e o Orbitaliño, a estación intermodal ou a nova depuradora da Silvouta.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2026. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, advertiu da importancia que terán para Santiago as próximas eleccións xerais e das consecuencias concretas do resultado das urnas para cuestións fundamentais como o acceso á vivenda ou a continuidade dos investimentos estratéxicos impulsados nos últimos anos na cidade.

Guinarte asegurou que “estas eleccións xerais son fundamentais para Santiago porque o que decidamos nas urnas vai ter consecuencias moi concretas para esta cidade e para a vida dos composteláns e das compostelás”, e situou a vivenda como unha das grandes cuestións en xogo. Nunha cidade con máis de 6.000 vivendas baleiras e na que acceder a un alugueiro a un prezo asumible é cada vez máis difícil, defendeu que “é indispensable ampliar o parque público, mobilizar a vivenda baleira e seguir contando coas ferramentas que puxo en marcha o Goberno de España a través da Lei de Vivenda”.

Neste sentido, o voceiro socialista incidiu en que existen “dous modelos claramente diferentes”, o dun Goberno socialista “que defende a intervención pública para facilitar o acceso á vivenda” e o dunha dereita “que se opuxo a estas políticas e que, desde a Xunta, leva anos sen dar a Santiago as respostas que necesita”. Guinarte defendeu así a continuidade das políticas públicas que permitan incrementar a oferta de vivenda e facilitar o acceso a prezos asumibles ante un dos problemas que máis condicionan actualmente a vida na cidade.

Xunto á vivenda, Guinarte puxo o foco na continuidade dos investimentos estratéxicos e asegurou que “estes anos demostraron o importante que é para Santiago contar cun Goberno de España comprometido coa cidade”. O socialista destacou que se mobilizaron millóns de euros, pero incidiu en que “sobre todo falamos de feitos concretos” que están permitindo avanzar en infraestruturas fundamentais para o presente e o futuro de Compostela.

Entre elas, lembrou actuacións como “facer realidade o Orbital e impulsar o Orbitaliño”, claves para as áreas empresariais, así como a transformación da estación intermodal e a mellora das conexións ferroviarias. Guinarte destacou tamén a importancia de “acometer unha infraestrutura estratéxica como a nova depuradora da Silvouta” e a contribución do Estado á renovación de equipamentos públicos próximos á veciñanza como os pavillóns de Vite e Santa Isabel.

Por todo isto, Guinarte asegurou que os socialistas afrontarán estas eleccións “defendendo os intereses de Compostela e explicando todo o que esta cidade se xoga”, porque “sabemos o importante que foi contar cun Goberno de España comprometido con Santiago e queremos que ese compromiso continúe nos próximos anos”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *