Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 noviembre, 2023
Arzúa, 30 de novembro de 2023.- A Concellería de Igualdade do Concello de Arzúa organiza o “OBRADOIRO DE NADAL: ÁS VOLTAS”, dirixido a crianzas nadas entre 2013 e 2019, ambos inclusive. O obradoiro, que será de balde, realizarase en dúas quendas entre os días 27 ao 29 de decembro de 2023 e entre o 2 e o 5 de xaneiro de 2024, en horario de 10:00 a 14:00.
“Ás Voltas é un proxecto que busca, sobre todo, crear un espazo para as crianzas arzuás no cal promover un programa lúdico e educativo, onde nenas e nenos xoguen en igualdade e creen con perspectiva de xénero. Por ese motivo, este proxecto fomenta valores como a igualdade de xénero, a inclusión de todas as diferenzas como fonte de riqueza, a xestión emocional dende a comprensión da mesma e o reforzo positivo das diferentes personalidades” explicou Lucía López, Concelleira de Igualdade.
Os obxectivos do obradoiro son:
• Crear un espazo de seguridade para as crianzas favorecendo valores como a igualdade de xénero, a inclusión e o respecto.
• Achegar ferramentas para coñecer diferentes países do mundo a través do xogo para propiciar a inclusión coñecendo diferentes diversidades.
• Visibilizar o papel das mulleres pioneiras rompendo estereotipos asociados aos roles de xénero existentes.
• Favorecer espazos de xestión emocional, donde falar de sentimentos e emocións para poder xestional de forma efectiva.
• Proporcionar unha alternativa educativa e lúdica para as familias durante as vacacións escolares de nadal.
O obradoiro conta con prazas limitadas (25), polo que se establecen as bases que se anexan para a selección de participantes.
Para máis información cómpre acudir ao Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa (Rúa Santiago, 2) ou chamar ao 981 501 101.
O prazo para inscribirse será do 1 ao 11 de decembro, preferibelmente a través da Sede Electrónica do Concello de Arzúa.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)