Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Diario Oficial de Galicia (DOG), publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que regula a concesión de axudas polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, control e erradicación das súas enfermidades, pola que se convocan indemnizacións para o ano 2024.
A convocatoria está dotada con 974.268 euros e abrangue o sacrificio de doenzas como a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE), e outars doenzas como tuberculose, brucelose, leucose ou a lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún.
Tamén inclúense diferentes encefalopatías esponxiformes transmisibles, a gripe aviaria ou as pestes clásica e africana do gando porcino, xunto coa morte por vacinación de lingua azul no caso de reaccións adversas á vacina.
Prazo desde dende o día seguinte a esta publicación no DOG, o xoves 11 de xaneiro, ata o 29 de novembro de 2024.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)