Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 septiembre, 2024
A edil socialista defenderá unha moción no primeiro pleno do curso político solicitando a “paralización inmediata do sablazo de SOGAMA” e instar ao goberno galego a apostar “con investimentos e actuacións reais” por modelos alternativos de xestión dos residuos
Lembra que o imposto ambiental no que se escuda a Xunta para xustificar a suba “responde a unha Directiva europea de 2018 de obrigado cumprimento e é de recadación autonómica”
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2024. O Grupo Municipal Socialista levará ao primeiro pleno do curso político unha moción para paralizar a subida do canon de SOGAMA. Así o anunciou este mércores Mila Castro, quen cualificou este incremento de “sablazo”. Explica que esta suba “brutal” suporá pasar dos 66 euros que se pagan actualmente por tonelada a 108, algo que disparará os recibos municipais do lixo.
A edil socialista critica ademais que este incremento súmase ao realizado xa en xullo cando SOGAMA eliminou a bonificación do 15 % para os concellos que, como Santiago, instalaran o contedor marrón de residuos orgánicos, algo no que, lembra a que fóra responsable de Servizos Básicos no goberno socialista, “fomos referentes, facendo os deberes e cumprindo cos compromisos medioambientais”.
Neste sentido reclámalle á Xunta que faga o propio e que “comece a apostar, con investimentos e actuacións reais, por modelos alternativos de xestión dos residuos ”enfocados na reciclaxe e na economía circular, toda vez que, critica, con esta actuación “abandona os incentivos para mellorar a xestión dos residuos e redobra a súa aposta pola incineración de restos”: “este é o modelo do Partido Popular?”, pregúntase Castro.
“A Xunta xoga ao engano”
Mila Castro cuestionou ademais que a única explicación que ofreza a Xunta para xustificar este incremento é a entrada en vigor “dun imposto ambiental que grava as formas menos sos8bles de tratamento de lixo” obviando, critica, “que este imposto responde a unha directiva europea do 2018 de obrigado cumprimento e que se trata dun imposto de recadación autonómica”.
Desde o Grupo Municipal Socialista defenden que este incremento do canon que Sogama cobra aos concellos pola incineración dos seus residuos acabará repercutino nos recibos que pagan as veciñas e veciños de Compostela. “Aínda que desde SOGAMA digan que os concellos non están obrigados a repercutilo á veciñanza, o certo é que a taxa municipal de recollida e tratamento de lixo debe, por lei, repercutir os custos reais do servizo”.
“Está claro que, se a Xunta quería fulminar as economías municipais, con ista suba do 64% dá o golpe definitivo”, censura a edil socialista.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)