Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today21 noviembre, 2023
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2023.- Coincidindo co remate das obras na rúa da Pastoriza, desde o Grupo Socialista instan ao bipartito a retomar o proxecto de reordenación de tráfico en Xoán XXIII que se preparara durante o pasado mandato e incluso se consensuou coa asociación de veciños As Marías da rúa Espírito Santo.
Gonzalo Muíños explica que se trata dun proxecto que non require dun gran investimento, pero que serviría “para pacificar o tráfico ao tempo que se da resposta ás necesidades de aparcadoiro que teñen na zona”.
Segundo explica o portavoz socialista, con esta actuación, que consistiría fundamentalmente en cambios na sinalización ver8cal e horizontal da zona; pasaríanse de 23 a máis de 100 prazas de aparcamento en superficie, pasando de ser prazas en liña ao carón da rúa, a batería. Con este cambio reduciríanse os carrís a un en cada sentido, posto que na outra marxe da calzada se incorporaría un carril bici.
“Trátase de dar resposta ás necesidades de aparcamento dunha zona de edificios antigos que, na súa maioría, non teñen parking propio” explica o que fora responsable de Tráfico durante o goberno socialista. Muíños, que levará esta cuestión a pleno en forma de proposición, recalca que esta actuación daría continuidade á obra de renovación do vial acometida na Pastoriza.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)