AD

Comarca

O BNG de Ribeira apoia á veciñanza e esixe médicos para Aguiño

today2 noviembre, 2024

Background
share close
AD
  • Os nacionalistas póñense a disposición da veciñanza e traballarán para garantir o dereito á saúde

O BNG mostrou o seu apoio ás demandas da veciñanza de Aguiño que se concentrou para esixir que a Consellaría de Sanidade dote de persoal médico e recursos suficientes centro de saúde da parroquia. Os nacionalistas aseguran que o deterioro que sofre a Atención Primaria tanto en Aguiño como no centro de saúde de Ribeira está provocando desprazamentos innecesarios, listaxes de agarda para acudir a unha cita médica e unha atención de peor calidade.

Os nacionalistas cren que Aguiño podería vivir unha situación moi parecida ás vividas xa en Corrubedo ou Palmeira que padeceron a falta de médico durante meses até que a loita veciñal conseguiu forzar ao Goberno galego a cubrir as prazas con profesionais a tempo completo.

O alcalde, Luís Pérez Barral, presente na concentración declarou que estará a carón da veciñanza e traballará para que a veciñanza de Aguiño poida ter garantida a atención médica. “A falta de médicos supón un prexuízo importante á poboación pois só se cobren unhas poucas horas á semana e hai persoas que están a desprazarse ao centro de saúde de Ribeira co conseguinte gasto económico. Este feito supón, ademais, unha sobrecarga de traballo que soborda a capacidade dos xa escasos profesionais que hai no centro ribeirense porque a día de hoxe faltan 4 médicos dos 14 que debería haber» informou.

Deterioro da atención no rural

Os nacionalistas lamentan que o Goberno galego estea deteriorando a atención sanitaria que se presta nos centros de saúde rurais. O responsable local do BNG, Rafael Pazos, quixo trasladar a mensaxe de que “traballaremos a carón dos profesionais e da veciñanza para garantir o dereito a un sistema sanitario de calidade”.

Ante toda esta situación, o BNG rexistrou iniciativas no Parlamento solicitando cubrir o 100% das vacantes de persoal sanitario que existen tanto en Aguiño como en Ribeira evitando así a existencia de listas de espera para acudir ao médico de cabeceira.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%