Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 junio, 2026
A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibiu en Boente (Arzúa) ao concelleiro do municipio italiano de Pistoia, Alessandro Sabella, nun acto que serviu para reforzar os vínculos culturais e turísticos entre ambos os territorios. Durante a visita plantouse un dos once cipreses doados pola cidade toscana, unha árbore que tamén chegará ao resto dos concellos da Mancomunidade como símbolo da unión entre o Camiño de Santiago en Italia e o Camiño Francés en Galicia.
No acto participaron a presidenta da Mancomunidade, Begoña Balado, o rexedor de Arzúa, Xoán Xesús Carril, alcaldes e representantes do resto de municipios do Camiño Francés, o director do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, e o peregrino italiano Mario Menici, que percorre esta ruta a cabalo desde hai 28 anos. Balado destacou a importancia de manter e fortalecer a colaboración con Pistoia, coñecida como o «Santiago italiano» por custodiar desde 1145 a única reliquia oficialmente recoñecida do Apóstolo Santiago fóra de Compostela.
Pola súa banda, Alessandro Sabella confirmou a intención de regresar a Galicia en 2027 para impulsar novas iniciativas conxuntas, subliñando que o Camiño Francés continúa a ser a ruta preferida polos peregrinos italianos.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)