AD

Comarca

O club Ames Atletismo logra a súa primeira medalla a nivel nacional no Campionato de España de Marcha

today26 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

O club Ames Atletismo conseguiu a súa primeira medalla nun campionato a nivel nacional o pasado 8 de decembro co bronce acadado por Nicolás Collazo no Campionato de España de Marcha e que, ademais, rompeu o récord galego na súa proba (categoría sub 18 nos 5 quilómetros marcha)

No campionato tamén participou a atleta do club Icía Ares, que acadou a cuarta praza na súa categoría e bateu o seu propio récord persoal 

O club Ames Atletismo comezou a andar no 2019 con só 12 persoas, na actualidade conta con 118 nenos e nenas adestrando nas súas instalacións

Ames, 26 de decembro de 2024.- O pasado 8 de decembro celebrouse o Campionato de España de Marcha atlética en ruta, na localidade cántabra de Castro Urdiales, onde participaron dous atletas de Ames Atletismo, Nicolás Collazo e Icía Ares. Nicolás acadou a terceira posición na categoría sub 18 nos 5 quilómetros marcha, conseguindo así a súa primeira medalla nacional e tamén a primeira a nivel nacional para o club amesán. Ademais, o atleta tamén rompeu o récord galego nesta proba, finalizándoa en 21 minutos e 19 segundos. Pola súa banda, Icía acadou unha fantástica cuarta praza na súa categoría e bateu tamén a súa propia marca persoal en máis de 30 segundos.

O club Ames Atletismo acadou este pasado 8 de decembro a súa primeira medalla nun campionato a nivel nacional, co bronce conseguido polo atleta Nicolás Collazo no Campionato de España de Marcha Atlética en ruta que, ademais, bateu o récord galego nesta categoría ao conseguir rebaixalo en 49 segundos nunha complicada carreira polas condicións meteorolóxicas. Ao campionato tamén acudiu Icía Ares, atleta tamén de Ames Atletismo que compite no club asociado Ourense Atletismo, acadando a cuarta praza na categoría sub 18 nos 5 quilómetros marcha e batendo a súa propia marca persoal.

Este logro supón un gran impulso para o club que comezou a andar hai só 5 anos. David García, representante do club Ames Atletismo, amosouse moi satisfeito co camiño que están a levar, “Arrancamos o club con 12 persoas no 2019, cada ano o grupo vai medrando,  especializándose nas disciplinas e os resultados van acompañando, o que tamén axuda a que todo vaia na boa dirección”. En canto ao resultado acadado por Nicolás, David García destacou que “marca un antes e un despois na súa carreira e é un impulso para seguir traballando”.

Ademais do gran logro de Nicolás, a outra representante do club neste campionato, Icía Ares, acadou na súa categoría a cuarta posición tras unha gran carreira na que chegou ata os últimos metros pelexando polo bronce. Asemade, a atleta bateu a súa propia marca persoal, rebaixándoa en máis de 30 segundos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%