AD

Destacado

«O comercio ten que estar no centro da cidade, non en polígonos nas aforas»

today11 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD

Nunha entrevista este martes en Radio Líder Santiago, a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, compartiu un balance positivo do verán, destacando a gran afluencia de turistas. A campaña informativa para concienciar sobre o coidado do patrimonio e a convivencia foi clave nun período de alta ocupación, con especial fincapé en garantir o respecto polo descanso dos veciños. “Queremos que Santiago siga sendo un lugar atractivo tanto para vivir como para visitar”, afirmou.

Un dos temas máis destacados foi a taxa turística, cuxa implantación depende agora da Xunta de Galicia. Sanmartín expresou o seu desexo de que esta medida, xa aplicada en diversas cidades europeas, entre en vigor pronto. “É un clamor social en Santiago de Compostela”, sinalou.

Por outra banda, o Concello puxo en marcha un plan de control tributario tras 24 anos sen aplicarse. Este programa busca asegurar que todos os contribuíntes, en equidade, paguen os impostos que lles corresponden, o que permitirá mellorar os servizos públicos da cidade.

Álvaro Veiga e Goretti Sanmartín nos estudios de Radio Líder Santiago

Sanmartín tamén subliñou a importancia da participación cidadá, mencionando a reactivación do Consello de Igualdade, que non se reunía desde 2011. Nesta liña, o goberno municipal abriu varios espazos de diálogo coa poboación, onde diferentes asociacións veciñais, culturais e feministas puideron expresar as súas propostas e inquedanzas.

En canto ao comercio local, a alcaldesa recoñeceu a crecente dificultade que afrontan os comerciantes debido ao auxe das vendas en liña e á competencia dos polígonos comerciais nas aforas, lonxe de ser espazos industriais. “Queremos que Santiago sexa visto como unha capital de compras, onde se aposte polo comercio de proximidade”, e enagadiu que «o comercio ten que estar na zona centro da cidade, non en polígonos nas aforas».

Por último, abordáronse os plans de mobilidade e urbanismo. Entre os proxectos en marcha, destaca un concurso de ideas para reestruturar o conector central da cidade e a licitación do novo contrato de transporte público, enfocado en mellorar a mobilidade e a calidade de vida dos cidadáns.

A entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%