Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today5 marzo, 2024
Este pasado luns, 4 de marzo, o Consello de Administración da EPEL de Ames aprobou a convocatoria e as bases para a selección e posterior nomeamento do/a xerente da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames. As persoas interesadas en participar en dito proceso teñen 10 días naturais, contados a partir de mañá 6 de marzo, para presentar a correspondente solicitude
Ademais, a pasada semana o Goberno municipal mantivo unha xuntanza co persoal da actual concesionaria Espina y Delfín que serán subrogados. Deste xeito, dáse un novo paso para a posta en marcha deste novo servizo municipal que está previsto para comezos do mes de abril
Ames, 5 de marzo de 2024.- Este pasado luns, 4 de marzo, o Consello de Administración da EPEL de Ames aprobou a convocatoria e as bases para a selección e posterior nomeamento do/a xerente da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames. As persoas interesadas en participar en dito proceso teñen 10 días naturais, contados a partir de mañá 6 de marzo, para presentar a correspondente solicitude. Ademais, a pasada semana o Goberno municipal mantivo unha xuntanza co persoal da actual concesionaria Espina y Delfín que serán subrogados. Deste xeito, dáse un novo paso para a posta en marcha deste novo servizo municipal que está previsto para comezos do mes de abril. Premendo nesta ligazón podes descargar as bases do proceso selectivo.
O Consello de Administración da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames aprobou onte luns 4 de marzo a convocatoria e as bases para a selección e posterior nomeamento do/a xerente da EPEL de Ames. Dita persoa terá unha dedicación exclusiva. O anuncio da convocatoria de dito proceso foi publicado hoxe 5 de marzo no BOP, polo que as persoas interesadas en participar en dito proceso teñen 10 días naturais, dende o 6 ata o 15 de marzo, para presentar a correspondente solicitude.
Ademais, a pasada semana o Goberno municipal mantivo unha xuntanza co persoal da actual concesionaria Espina y Delfín que serán subrogados. Dita empresa pública estará formada por 16 traballadores/as. En dita xuntanza participaron o alcalde de Ames, Blas García; o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto; a concelleira de Servizos Económicos, Susana Señorís; e mailo concelleiro de Administración Xeral e Persoal, Víctor Fernández.
Na actualidade estase realizando o proceso de traspaso de infraestruturas, persoal e competencias da actual concesionaria do servizo á empresa pública. Deste xeito, dáse un novo paso para a posta en marcha deste novo servizo municipal que está previsto para comezos do mes de abril.
As principais vantaxes de que o servizo do ciclo integral da auga sexa xestionado por unha empresa pública son: a transparencia, xa que o Concello disporá de xeito directo todos os datos e información relativa a dito servizo; a proximidade co cidadán; a maior sensibilidade social; a maior participación cidadá; o incremento de empresas complementarias que ofrecerán servizos á empresa pública; e que se ofrecerá un servizo público sin ánimo de lucro, xa que as empresas privadas concesionarias de dito servizo teñen como obxectivo a rendibilidade económica.
Consello de Administración da EPEL de Ames
Cómpre lembrar que o pasado 12 de febreiro o Concello de Ames constituíu o Consello de Administración da Empresa Pública da Auga de Ames, que será renovado cada mandato.
Na actualidade está formada por catro edís do grupo municipal do PSdeG-PSOE (Blas García, Susana Señorís, Víctor Fernández e Gustavo Nieto), tres concelleiros/as do grupo municipal do Partido Popular (Oliva Agra, Pablo Beiroa e José Ramón Oulego), dous/dúas edís do grupo municipal BNG (Natividade González e Alexandre Espinosa), e unha concelleira do grupo municipal de Espazo Común (Luísa Feijóo).
Ademais, no Consello de Administración hai un/unha representante das asociacións veciñais, escollido por parte das asociacións (Lino Berdullas, da Asociación Veciñal de Tapia); e un/unha representante da propia empresa pública, que será designado no momento no que dita empresa comece a funcionar.
Aprobación da constitución da EPEL
Como paso previo á constitución do Consello de Administración da Empresa Pública da Auga de Ames, no pleno ordinario do pasado mes de maio de 2023 aprobouse a constitución da entidade pública empresarial Augas de Ames EPEL, que xestionará de xeito directo o servizo do ciclo integral da auga.
En dito pleno tamén se aprobaron os estatutos que rexerán esta entidade pública empresarial; adscribir a entidade pública empresarial ás instalacións e bens que figuran no inventario municipal; subrogar o persoal que procede da actual concesionaria Espina y Delfín (son 16 empregados/as); e clasificar a entidade pública Augas de Ames EPEL no grupo dous de acordo á disposición adicional 12 da lei 785 reguladora das bases de réxime local.
Cómpre lembrar tamén que o Pleno do Concello de Ames aprobou na sesión ordinaria do mes de abril de 2023 a memoria xustificativa e o modelo do sistema de xestión do Ciclo Integral da Auga, que pasa a ter unha xestión directa a través dunha entidade pública empresarial local (EPEL).
Por último, hai que destacar que no pleno ordinario de xullo de 2023 a Corporación municipal aprobou por unanimidade o regulamento do servizo municipal de abastecemento de agua, potable, saneamento e depuración do Concello de Ames.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)