AD

Comarca

O Consorcio As Mariñas solicita a colaboración cidadá

today11 septiembre, 2024

Background
share close
AD

Bergondo, 11 de setembro de 2024.- O Consorcio As Mariñas (composto polos concellos de: Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada) solicita a colaboración cidadá cara o bo uso dos contedores e dos puntos limpos, dos 8 concellos que conforman o mesmo, tras unhas semanas de mala separación e acumulación de lixo nos contedores; especialmente pola presenza de enseres e voluminosos sen aviso e polo incorrecto depósito de cartonaxe.

O Consorcio lembra que non está permitido en ningún caso o depósito directamente no chan ou na contorna dos contedores de calquera tipo de residuo ou lixo, debendo separarse de acordo as fraccións establecidas e depositar os mesmos dentro do colector correspondente.

Este tipo de actuacións son perseguidas pola Brigada Cívica e están recollidas nas diferentes ordenanzas municipais como condutas sancionables por abandono e entrega incorrecta de residuos, polo que é responsabilidade de todos e todas facer unha correcta entrega e depósito do lixo que producimos ou posuímos.

No caso do cartonaxe, debe ser roto ou pregado para ser introducido polo colector de papel-cartón e permitir a súa reciclaxe, debido que ao quedar na vía pública pode ser inservible para este fin, ademais de causar molestias á veciñanza.

Para a recollida dos enseres, mobles e voluminosos do fogar hai un servizo semanal gratuíto que funciona previo aviso chamando ao 981795524 para solicitar a recollida deses residuos ou para a consulta de calquera dúbida ao respecto.

Tamén hai dispoñibles oito puntos limpos no territorio, un en cada concello do Consorcio, en horarios de funcionamento de luns a venres de 9:30 h a 13:00 h e de 15:30 h a 19: 00 h, e os sábados de 9:30 h a 13:30 h, nos cales pódese acercar calquera veciño ou veciña do Consorcio As Mariñas sen cita, para depositar os seus residuos voluminosos, perigosos ou tóxicos do fogar.

Lémbrase que tamén hai unha rede de minipuntos limpos e un punto limpo móbil, cuxo calendario e localizacións se dan a coñecer a través das redes sociais e da páxina web do Consorcio As Mariñas.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%