Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 octubre, 2024
“Escoitar aos veciños e veciñas parroquia por parroquia, analizar as actuacións efectuadas ao longo deste primeiro ano de mandato e expoñer os proxectos previstos para os próximos meses”, así describiu o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, as xuntanzas parroquias que dende o Executivo que encabeza se impulsarán nas próximas semanas.
Cabe sinalar que fai uns meses tivo lugar a primeira xeira de encontros, nos cales os veciños e veciñas das diferentes parroquias lle puideron trasladar ao alcalde, así como aos demais membros do Goberno rianxeiro, as súas principais demandas e inquedanzas.
“Se ben semanalmente recibo na Alcaldía a numerosos veciños e veciñas para abordar asuntos moi variados, nestes encontros parroquiais temos ocasión de comentar entre todos e todas cuestións de interese xeral” sinalou o rexedor.
Bustelo tamén engadiu que se trata de “unha iniciativa pioneira que vén a darlle cumprimento a un dos compromisos adoptados durante a pasada campaña electoral, un compromiso que representa a nosa maneira de traballar, gobernar escoitando”.
Os primeiros encontros están fixados para o día 15 de outubro no Centro Sociocultural da Capela (Araño), o 17 na Casa da República (Isorna) e o 22 no Centro Cultural Vicente Vidal (Leiro).
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)