Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O alcalde, Blas García, dixo “quero amosar a miña satisfacción persoal e a do Concello por poder contar cun partido desta categoría en Ames. Sen dúbida Pecados Rubén Burela é unha referencia a nivel mundial dentro do fútbol sala feminino. Imos a enfrontarnos ao Burela en partido de Copa Galicia e agora a aspiración ten que ser poder enfrontarnos en partido de Liga”
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, indicou “agardo que o pavillón de Bertamiráns estea cheo para gozar deste espectáculo deportivo. Todos e todas imos estar apoiando ás rapazas do Meigas. Oxalá desfruten deste partido porque é un premio para elas despois das boas temporadas que levan facendo nos últimos anos”
A presidenta do FC Meigas, Paola Vignolo, explicou “poder disputar este partido en Bertamiráns contra un dos mellores equipos de fútbol sala feminino do panorama internacional é un orgullo, porque é algo que conseguimos grazas á clasificación que obtivemos na pasada temporada 2023-2024, na nosa primeira temporada na segunda división”
Ames, 30 de setembro de 2024.- O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación do partido de cuartos de final da XVIII Copa Galicia de fútbol sala feminino, que vai enfrontar ao F.C. Meigas co Pescado Rubén Burela. Dito encontro disputarase este mércores, 2 de outubro, ás 21.00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns. O F.C. Meigas clasificouse para os cuartos de final despois de gañarlle na fase previa ao C.D. Mosteiro de Bembrive. As entradas para poder ver o partido poderanse mercar na billeteira do pavillón dende unha hora antes do inicio do partido.
O pavillón municipal de Bertamiráns acollerá este mércores, 2 de outubro, unha cita histórica para o Fútbol Club Meigas. Trátase do partido de cuartos de final da XVIII Copa Galicia de fútbol sala feminino, que vai enfrontar ao equipo amesán co Pescado Rubén Burela. O F.C. Meigas clasificouse para os cuartos de final despois de gañarlle na fase previa ao C.D. Mosteiro de Bembrive, mentres que o Pescado Rubén Burela comeza a competición directamente na fase de cuartos de final.
Na XVIII Copa Galicia de fútbol sala feminino participan 12 equipos: 5 de Primeira Iberdrola de fútbol sala, 6 de segunda feminina FS, e 1 equipo de Preferente. Na fase previa participaron o Amarelle FSF; Fisober FSF; Marín Futsal; Cidade As Burgas; Vilalba FS; Valdetires FS; FC Meigas; e CD Mosteiro Bembrive. Agora, na fase de cuartos de final incorpóranse á competición o Poio FS; Ourense CF SAD; FSF Castro; e Burela FS.
Cómpre lembrar que o Fútbol Club Meigas xogará esta tempada por segunda vez consecutiva na súa historia na segunda división do fútbol sala feminino nacional. O Pescados Rubén Burela feminino conseguiu na temporada 2023 – 2024 o campionato de Liga e maila Supercopa de España disputada en Torremolinos. Nas últimas cinco temporadas o Burela gañou catro títulos de Liga.
Presentación do partido
Na presentación de dito partido participaron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Deportes, Susana Señorís; a presidenta do FC Meigas, Paola Vignolo; o adestrador do FC Meigas, Diego Montero; e maila representante da entidade patrocinadora Joma, María José Mato.
Por parte do Concello de Ames, o alcalde, Blas García, dixo “quero amosar a miña satisfacción persoal e a do Concello por poder contar cun partido desta categoría en Ames. Sen dúbida Pecados Rubén Burela é unha referencia a nivel mundial dentro do fútbol sala feminino. Imos a enfrontarnos ao Burela en partido de Copa Galicia e agora a aspiración ten que ser poder enfrontarnos en partido de Liga. Dende o Concello gústanos defender o deporte, e especialmente o deporte feminino, e o Meigas é un exemplo de bo facer e do deporte feminino. Nós estaremos ao lado do Meigas para axudarlles no que poidamos. O deporte é a base para facer unha sociedade mellor”.
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explicou “estamos encantadas de poder acoller este partido en Ames, porque vai ser un partido de moito nivel entre dous equipos que militan na primeira e segunda división do fútbol sala nacional. Agardo que o pavillón de Bertamiráns estea cheo para gozar deste espectáculo deportivo. Todos e todas imos estar apoiando ás rapazas do Meigas. Oxalá desfruten deste partido porque é un premio para elas despois das boas temporadas que levan facendo nos últimos anos”.
A presidenta do FC Meigas, Paola Vignolo, dixo “é unha honra estar aquí para presentar o partido que imos disputar co Burela na segunda fase da Copa Galicia, que se vai xogar este mércores 2 de outubro no pavillón de Bertamiráns. Poder disputar este partido en Bertamiráns contra un dos mellores equipos de fútbol sala feminino do panorama internacional é un orgullo, porque é algo que conseguimos grazas á clasificación que obtivemos na pasada temporada 2023-2024, na nosa primeira temporada na segunda división. Estamos tratando de organizar en Ames partidos de primeiro nivel de fútbol sala como que organizamos entre o Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burela. Este aínda é máis importante porque o disputa o Meigas”.
O adestrador do FC Meigas, Diego Montero, destacou que “é un orgullo poder traer a Ames o considerado nas últimas temporadas como o mellor equipo do mundo, O Burela. Tamén quero agradecerlle as facilidades dadas polo Burela para poder poñer o parido o mércores e poder dispor dun día máis de descanso para nós, porque xogamos onte en Alcorcón. Cremos que é importante traer fútbol sala de elite a Ames como ese partido que se disputou a comezos de setembro entre dous equipos de primeira división masculina como son o Noia e mailo Burela. Este é un paso máis. Ames quere e gústalle o futsal e nós encantados de dar un paso máis e facer un bo partido e intentar estar na seguinte fase da Copa Galicia”.
Por outra banda, María José Mato, representante da entidade patrocinadora Joma dixo “estamos encantados de acompañar ao Meigas nesta nova temporada. Animar a todos os veciños e veciñas que poidan a asistir a ver este partido, porque é unha oportunidade de ver a xogadoras que o están facendo moi ben no fútbol sala feminino”.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)