AD

Actualidad

O humorista Víctor Fábregas será o pregoeiro da XXX Festa do Galo de Curral

today29 abril, 2024

Fondo
share close
AD

O humorista Víctor Fábregas será o pregoeiro desta Festa de Interese Turístico Galego, que o domingo terá pasarrúas e as actuacións do grupo ‘Edad de Oro del Pop Español’ e a orquestra Los Satélites

O sábado celebrarase o XXX Festival de Bandas de Música, a partir das 18 horas, co seguinte programa: Unión Musical de Ponteledesma, a Cultural de Salceda de Caselas e a Banda Artística de Merza

Vila de Cruces, 29 de abril de 2024 (Vía Láctea Comunicación).- O Concello de Vila de Cruces presenta o programa da Festa Gastronómica do Galo de Curral, que este ano celebrará o seu trinta aniversario os días 25 e 26 de maio. O alcalde da localidade dezana, Luis Taboada, convida a todo o mundo a gozar desta festa en Vila de Cruces, “terra hospitalaria, de árbores e bo xantar”, segundo subliña.

Considerada Festa de Interese Turístico Galego, a celebración comezará o sábado, 25 de maio, co XXX Festival de Bandas de Música de Galicia, que comezará ás 18:00 horas na Praza Juan Carlos I, diante do Concello. Contarase coa presenza da Banda de Música Unión Musical de Ponteledesma, a Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas e a Banda de Música Artística de Merza. Previamente, para o festival de bandas o Concello convocou un concurso de carteis dirixido aos alumnos dos centros educativos do municipio. Nesta edición, o cartel gañador foi creado por Leire Louzao Facorro, estudante de 8 anos do CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, en Vila de Cruces, que recibirá un premio en metálico de 99 euros.

A fin de semana da XXX Festa Gastronómica do Galo de Curral continuará o domingo, 26 de maio, coa xornada grande da festividade, que estará presentada pola xornalista crucense Mercedes Seijo. Comezará ás 11:00 horas con pasarrúas a cargo dos grupos folclóricos ‘O Arco de Merza’ e ‘Vai-Nela de Salgueiros’. Xa ás 11:30 horas a festividade contará cunha exhibición de coches antigos a cargo da Escudería Históricos do Deza na praza do Concello.

O ambiente festeiro continuará ás 12:10 horas coa actuación do grupo local de percusión ‘Odaiko’ que encherá cos seus sons toda a vila. Odaiko montará o seu propio espectáculo, caracterizado polo virtuosismo, o humor e unha gran posta en escena, con moitos elementos percusivos. Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Fran Troncoso compoñen esta formación de percusión contemporánea que fusiona sons do jazz, flamenco, folk e mesmo sons traídos da música tradicional hindú e senegalesa.

Un dos momentos cume da xornada será o pregón, ás 12:45 horas, a cargo do actor e humorista Víctor Fábregas (Esteiro, Muros, 1971), moi coñecido polo show «Os Tonechos» co que se deu a coñecer xunto a Roberto Vilar en TVG e en moitos espectáculos por toda a xeografía galega.

O mediodía terá un gran momento musical. Ás 13:00 horas toda a veciñanza de Vila de Cruces e os centos de visitantes que se achegarán ata a vila poderán desfrutar coas voces do grupo ‘Edad de Oro del Pop Español’, composto por Pablo Perea (La Trampa), Naím Thomas (primeira edición de OT), Javián (primeira edición de OT) e Patricia Aguilar (finalista en ‘Tu cara no me suena todavía’) que interpretarán as cancións máis relevantes dos 80 e os 90.

Pero non todo pode ser música e, como auténtica festa gastronómica, contarase cunha degustación de galo de curral, a partir das 12:00 horas na praza do Concello. O restaurante Onde Antonio, local de Lalín propietario dun veciño de Vila de Cruces, ofrecerá máis de 300 ración de galo de curral con patacas e fabas a un prezo simbólico de tres euros.

O día pecharase por todo o alto coa música de verbena da orquestra Los Satélites, que ofrecerán unha gran actuación a partir das 18:00 horas

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%