Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
29-1-2024, A Baña.- O bo ambiente, a camaradería e as ganas por desfrutar do deporte acompañaron a celebración da segunda edición do Torneo de Pádel A Baña que se disputou esta fin de semana.
O pavillón polideportivo de Lañas acolleu a competición cun récord de participación de 36 parellas que completaron o cadro de encontros do sábado e do domingo amosando o seu talento e as súas habilidades.
O evento, organizado polo Concello da Baña, disputouse en cinco categorías coa parella formada por Nuria e Rocío como campioa na categoría Iniciación feminina, con Noelia e Gemma segundas clasificadas.
En 3ª Mixta venceron Óscar e Mónica, que superaron na final a Damián e a Alicia, e en 3º Masculina os gañadores desta edición foron Miguel e Luis, con Pepe e Santi segundos na clasificación.
Ademais, Jano e Chu foron os mellores na 2ª Masculina tras vencer a Iván e a Damián no encontro definitivo.
A alcalde da Baña, José Antonio Pereira, e a concelleira de Deporte, Ana Pensado, foron os encargados de entregar os trofeos ás parellas vencedoras a amosaron a súa disposición a continuar coa celebración deste torneo xa que cada vez son máis as parellas que confirman a súa disposición a participar.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)