AD

Deportes

O Monbus Obradoiro recibe o Selo de Comunicación Responsable

today15 mayo, 2026

Fondo
share close
AD

O club compostelán foi distinguido co prestixioso Selo de Comunicación Responsable (SCR), outorgado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Andalucía (CPPA), un recoñecemento que certifica o cumprimento dos principios de profesionalidade, ética xornalística e transparencia nas prácticas comunicativas do club.

O Selo de Comunicación Responsable é un distintivo que avala o compromiso de empresas, institucións e organizacións cunha comunicación veraz, responsable e aliñada cos estándares deontolóxicos do xornalismo. Tras a análise da solicitude presentada polo Obradoiro CAB, a documentación achegada e o informe elaborado pola comisión competente, o Pleno da Xunta de Goberno do CPPA aprobou a concesión deste selo ao club compostelán.

Con esta distinción, o Monbus Obradoiro ve recoñecido o seu esforzo por manter unha comunicación clara, accesible e respectuosa tanto coa súa afección como cos medios de comunicación e a sociedade en xeral. O selo acredita que as prácticas comunicativas da entidade se axustan aos principios de profesionalidade e ética recollidos no Código Deontolóxico da profesión xornalística, baseado no compromiso fundamental de respecto á verdade.

Este recoñecemento reforza a aposta do Obradoiro CAB por desenvolver unha comunicación transparente e ética, xerando un impacto positivo tanto no ámbito deportivo como no social. Así mesmo, pon en valor o traballo realizado polo club para consolidar unha relación de confianza, proximidade e credibilidade con todos os seus públicos.

Pablo van Vroenhoven, xefe de prensa do Monbus Obradoiro, mostrou a súa satisfacción pola obtención desta distinción e destacou a relevancia que supón para a entidade: “Estamos moi agradecidos por recibir este recoñecemento, que pon en valor o traballo diario que realizamos desde o club para manter unha comunicación profesional, ética e responsable. Ademais, supón un orgullo converternos no primeiro club de Galicia en contar cun selo destas características no ámbito da comunicación”.

Así mesmo, Van Vroenhoven explicou que a solicitude do distintivo se tramitou a través do Colexio Profesional de Xornalistas de Andalucía debido á inexistencia en Galicia dun selo específico que certifique e valide oficialmente unhas prácticas de comunicación ética e responsable.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *