Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 abril, 2026
O Pazo de Goiáns acolleu esta mañá o IV Concurso Barista de Colexios de Educación Especial organizado polo CEE López Navalón. O alcalde, José Ramón Romero, participou na entrega de premios xunto con María Eugenia Pérez, directora xeral de Formación Profesional e Silvia Marín, directora do CEE López Navalón.
Participaron nesta edición nove centros e o gañador foi o CEE Infanta Elena; o segundo premio foi para o CEE Aceesca Lume ; e o terceiro premio para o CEE Maria Mariño.
Este evento, que se celebra en Boiro por cuarto ano consecutivo, trátase dun campionato práctico que se celebra na especialidade de servizos de restauración dos programas formativos de centros de educación especial.
O alcalde, José Ramón Romero, destacou a importancia de actividades como esta para “favorecer e promover a inclusión tamén no emprego, apostando pola formación nos colexios de educación especial con saídas profesionais como son a hostalaría ou a restauración e que teñen tanta importancia na nosa zona”.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)