Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 marzo, 2024
A concelleira do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, propón que, en próximas edicións dos Bonos Corazón, se inclúa nos requisitos de acceso a obrigatoriedade de estar empadroado en Santiago. “Esta condición garantiría que a veciñanza compostelá fose a receptora das vantaxes desta medida, ademais sería imprescindible habilitar medidas adicionais, co fin de facilitar o acceso ás persoas que non están familiarizadas coas novas tecnoloxías”, subliñou a popular.
Hai que lembrar que o obxectivo fundamental deste programa é estimular as vendas no comercio compostelán, pero non se debería descoidar o feito de que os beneficios do mesmo recaian, principalmente, nos santiagueses, cumprindo así unha dobre función, xa que son os composteláns e compostelás os que financian este programa cos seus impostos.
A popular explicou que a última edición do programa viuse afectada por unha importante redución económica respecto á anterior, aspecto que afectou negativamente aos beneficios que ten asociados; ao número de bonos dispoñibles; e ás persoas que poden acceder aos mesmos.
Así, moitos composteláns quedaron nesta ocasión sen poder beneficiarse deste programa por falta de crédito mentres que veciños de concellos limítrofes si tiveron acceso a estes bonos.
Chama a atención que non se mudaran os requisitos para ser persoa beneficiaria, xa que a única esixencia para poder selo é a maioría de idade; polo que, nesta edición cunha partida orzamentaria tan limitada, os veciños de Santiago concurrían en igualdade de condicións que un veciño doutro concello ou incluso de fóra de Galicia.
Por outra banda, esta situación afecta, sobre todo, a colectivos con dificultades de acceso a entornas dixitais, como persoas maiores, que en ocasións, non están familiarizadas coas novas tecnoloxías.
Aínda que existe a posibilidade de recoller fisicamente os bonos, este método non sirve para moito, xa que para poder facelo, hai que solicitar cita previa a través de teléfono ou correo electrónico, co que a barreira dixital continúa presente e a posibilidade de facerse con algún dos bonos, é altamente improbable.
Deste xeito, desde o Partido Popular de Santiago reclama que na vindeira edición, xestione mellor este programa ou faga un maior esforzo, tendo en conta a importancia que ten esta campaña para os comercios de Santiago.
Written by: Líder Redacción
bonos corazon comercio compostela pp radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)