Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 mayo, 2026
• Nerea Barcia reclamou, ao goberno de Goretti Sanmartín, explicacións inmediatas sobre “cal vai ser a organización destas tarefas e tamén sobre a existencia ou non dun contrato en vigor para executalas”.
A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, volveu denunciar a deficiente xestión do Goberno de BNG e CA, “ante a falta de planificación nos traballos de roza do Concello, unha situación, especialmente, grave, xa que estamos nun momento clave para a prevención de incendios”.
Como explicou Barcia, “a estas alturas do ano segue existindo unha incerteza total arredor dun servizo esencial para o mantemento do rural, de zonas próximas ás estrada e viais e a seguridade fronte ao lume: Non existe un calendario definido, nin información clara sobre cando comezarán estes traballos tan importantes”.
A concelleira popular reclamou, ao goberno de Goretti Sanmartín, explicacións inmediatas sobre “cal vai ser a organización destas tarefas e tamén sobre a existencia ou non dun contrato en vigor para executalas”.
“No ano 2025, as rozas comezaron a principios do mes de maio, -agregou- mentres que, neste 2026, non só non arrancaron, senón que o goberno nacionalista tampouco aclarou cando o farán, polo que nós nos preguntamos a que agarda o goberno de BNG e CA para actuar”.
Nerea Barcia subliñou que “isto resulta aínda máis contraditorio cando, desde o propio Concello, esíxelle á veciñanza manter limpas as súas fincas antes do 31 de maio e lles advirte de posibles sancións en caso de incumprimento, pero o goberno nacionalista non aplica esa mesma responsabilidade sobre os espazos públicos”.
“Dende o Partido Popular de Santiago, -dixo- insistimos en reclamar transparencia, planificación e responsabilidade, e consideramos que a cidadanía merece respostas claras e unha xestión eficaz, fronte ao que é unha nova mostra do mal facer do goberno nacionalista”.
Escrito por Líder Redacción
partido popular (PP) politica rozas Santiago de Compostela



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)