AD

Actualidad

O PP denuncia sancións “inxustas e inxustificadas” polo funcionamento dos parquímetros da ORA

today12 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • Adrián Villa definiu como unha “falta de respecto” que, pola “incompetencia do Goberno nacionalista”, se estea sancionando aos usuarios.
  • O popular afeoulle ao Goberno do BNG “a nula resposta, ante as diversas queixas interpostas nas distintas plataformas de atención ao cidadán”.

Logo de recibir diversas queixas da veciñanza e comerciantes, o concelleiro popular, Adrián Villa, lamentou que, a diario, os usuarios dos parquímetros estean a padecer o mal funcionamento e os continuos fallos nas máquinas da zona ORA, tanto nos arredores do Casco Histórico, como no Ensanche.

“Existe unha clara falta de mantemento destes dispositivos por parte do Concello e, a isto, súmase a falta de resposta ante as diversas queixas interpostas nas diferentes plataformas de atención ao cidadán”. O popular explicou que “comeza a ser habitual a calada por resposta” e que “o Goberno do BNG pase claramente de atender os distintos problemas dos composteláns, porque non lles interesan”.

Adrián Villa fíxose así eco dos diferentes problemas nestes dispositivos que son empregados milleiros de veces pola veciñanza e pola xente que se despraza ata Santiago, tanto para traballar como para facer xestións.

Remarcou que “hai parquímetros nos que os botóns non funcionan ou nos que resulta moi complicado que o dispositivo comece a funcionar, ademais de resultar imposible introducir a matrícula do vehículo”.

A pesar destas problemáticas, os usuarios están recibindo sancións, porque non coincide a matrícula do vehículo que, malamente, teñen que marcar nestes postos. Neste senso, calificou de “falta de respecto” que, ante a “incompetencia do Goberno nacionalista sexan os usuarios os que sufran as consecuencias en modo de sanción económica, algo totalmente inxusto e inxustificable”.

Por outra banda, o edil tamén aproveitou para indicar que “moitos lectores de tarxeta de débito non funcionan”, polo que “os usuarios vense na obriga de pagar só con moedas”, cando hoxe, a maioría de persoas xa realizan todos os pagos con tarxeta.

Con todo isto, o concelleiro popular solicitará no vindeiro Pleno que o Goberno do BNG proceda á revisión, de forma “urxente e exhaustiva”, todos os parquímetros da cidade, co fin de que a veciñanza, comerciantes e outros usuarios poidan dispor dun servizo “decente e funcional”, tal como merece unha cidade que é a capital de Galicia.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%