AD

Destacado

O programa Colecamiños chega ao CEIP López Ferreiro

today30 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD

30/11/2023-. O programa Colecamiños comezou hoxe a súa andaina no CEIP López Ferreiro, con máis de trinta nenos e nenas inscritos. O concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, acompañou esta mañá ás crianzas e ás suas familias no primeiro día da implantación dos camiños escolares seguros, guiados pola Policía Local.

O Colecamiños do CEIP López Ferreiro, que foi demandado pola propia ANPA, conta con dúas rutas. A primeira parte da rúa de Escultor Asorey e discorre por Tras Santa Clara, San Roque, e Loureiros ata a chegada ao colexio. A segunda ruta parte da vagoada de Vite, e pasa polo parque de Xixón e Xoán XXIII. Nos dous casos, os percorridos non duran moito máis de dez minutos. Os nenos e nenas que participan no programa van equipadas con chalecos reflectantes e coas pulseiras que deben pasar polo punto de control instalado no colexio para comunicar a súa chegada ao centro.

O concelleiro de Mobilidade lembrou que o obxectivo do Colecamiños é «reducir a presenza de vehículos privados na contorna dos colexios, pero tamén fomentar hábitos de vida saúdables entre as crianzas». Xan Duro tamén recordou que «o feito de iren camiñando xuntos á escola fai que os nenos e nenas socialicen, se divirtan, gañen en autonomía e coñezan mellor a súa cidade». O edil fixo unha chamada ás familias do CEIP López Ferreiro para que se sigan incorporando ao programa nas próximas semanas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%