AD

Actualidad

O PSdeG esixe á Xunta e ao Concello que deixen de bloquear solucións para o deporte compostelán

today18 mayo, 2026

Fondo
share close
AD
  • Aitor Bouza reclama ao Goberno galego que deixe de “mirar só para os concellos onde goberna o PP” e facilite o uso das infraestruturas deportivas educativas por parte das entidades da cidade.
  • O deputado socialista reclama un convenio urxente para que os clubs de Santiago poidan utilizar as pistas e instalacións deportivas dos IES, unha medida que considera perfectamente viable e que aliviaría a falta de espazos deportivos na cidade.
  • O deputado socialista anuncia iniciativas no Parlamento de Galicia tras reunirse co Club de Atletismo Obradoiro e denuncia a falta de resposta ás necesidades reais do deporte compostelán.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2026. O secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, reclamou á Xunta de Galicia a sinatura urxente dun convenio co Concello de Santiago que permita ás entidades deportivas da cidade utilizar as pistas e instalacións deportivas dos institutos de educación secundaria.

Bouza explicou que as e os socialistas “mantivemos unha xuntanza co Club de Atletismo Obradoiro” na que abordaron “a situación que ten o deporte na nosa cidade”, dentro da rolda de encontros que o PSdeG está a desenvolver con entidades deportivas compostelás. O dirixente socialista advertiu de que as queixas que están trasladando os clubs “repítense reunión tras reunión” e teñen que ver coa falta de resposta institucional, coa ausencia de planificación e coas dificultades que atopan para desenvolver a súa actividade diaria en condicións axeitadas.

Neste contexto, Bouza reclamou ao goberno municipal que “escoite as entidades deportivas, que lles dea resposta e que atenda as súas solicitudes en prazo e forma”, pero puxo tamén o foco na responsabilidade da Xunta de Galicia, á que acusou de permanecer ausente ante unha demanda “perfectamente viable” e que non require grandes investimentos.

Ao mesmo tempo, Bouza indicou que desde o grupo socialista “imos esixirlle ao señor presidente da Xunta que se implique tamén co deporte”, advertindo de que Compostela non pode quedar fóra das prioridades da administración autonómica.

O dirixente socialista incidiu en que a proposta trata aproveitar instalacións que xa existen e que poden dar resposta ás necesidades actuais dos clubs da cidade. “Xa non falamos nin de financiamento”, explicou Bouza, senón “dun simple convenio” e dunha “posta a disposición desas infraestruturas”. Segundo indicou, permitir o uso das instalacións deportivas dos institutos facilitaría “moitísimo o traballo diario” das entidades e deportistas compostelás.

Bouza finalizou criticando a falta de colaboración entre administracións e advertiu de que o goberno da señora Goretti Sanmartín, “en vez de estar confrontando permanentemente coa Xunta de Galicia”, o que ten que facer é “poñerse a traballar” para conseguir que o convenio sexa unha realidade “canto antes”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *