Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today1 marzo, 2024
Poñen a disposición da cidadanía o 636 692 424 “para que nos trasladen as súas inquedanzas e preocupacións e nós facer de correa de transmisión en todas as ins tucións que poden resolver eses problemas”
Aitor Bouza anunciou ademais un encontro o próximo xoves coas mulleres “veteranas” do partido e aberto a toda a cidadanía con motivo do 8M
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2024. Baixo o nome de ‘liña vermella’, o PSOE vén de anunciar a creación dunha canle de Whatsapp co obxectivo de mellorar a comunicación directa coa veciñanza. O seu secretario xeral, Aitor Bouza, explicou que non é só, que tamén, que a cidadanía “poida coñecer todas as demandas e cuestións que presentamos desde o PSOE” senón que o que perseguen con esta inicia va é a propia veciñanza “nos poida achegar as súas propostas para nós poder canalizalas facendo de correa de transmisión coas administracións”.
É o 636 692 424 o número aberto que os socialistas veñen de habilitar para “escoitar cales son as preocupacións das veciñas e veciños, as cousas que non funcionan na cidade”. Bouza insis u en que se trata de dar con nuidade ao espírito de política “útil” co que, reivindica, “nos comprometemos desde o principio” lembrando, por exemplo, a aprobación dos orzamentos por parte do PSOE “para mellorar a vida das veciñas e veciños de Santiago”.
Incluímos enlaces ás canles de comunicación: Whatsapp:https://whatsapp.com/channel/0029VaDda8j4IBh5G7OSpy3S
Telegram: https://t.me/PSdeGCompostela
Encontro feminista coas veteranas do partido O secretario xeral dos socialistas en Santiago anunciou ademais un encontro, aberto á cidadanía, coas mulleres veteranas do par do, para “falar do que supuxo a súa loita e os retos para o futuro que quedan dentro do feminismo”.
Una xuntanza que se fai no marco do 8M e co que reivindica o feminismo como parte inherente do socialismo: “non entendemos que se poida ser socialista sen ser feminista”. O encontro celebrarase o próximo xoves día 7, na véspera do 8M, ás 18.00h na Casa do Pobo. Unha ac vidade coa que, recalcan, “reivindicar o legado das nosas mulleres que traballaron pola igualdade efectiva”.
Escrito por Líder Redacción
compostela psoe radio lider santiago santiago Telegram whatsapp
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)