Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today11 noviembre, 2023
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2023.- O grupo socialista denuncia retrasos na nova ordenanza que debe regular as Vivendas de Uso Turístico (VUT) logo de que, no pasado mandato, se modificase o Plan Xeral para poñer coto á proliferación deste tipo de aloxamentos turísticos. Critican, logo dunha reunión coa Plataforma para a Regulación de Vivendas Turísticas (PREVITURGA), que a alcaldesa “siga sen definir a súa postura” nesta cuestión.
Mercedes Rosón fala de “desconfianza” no sector sobre os plans de Goreti Sanmartín coas vivendas de uso turístico. Critica a edil socialista que “mentres clama por un turismo sostible e respectuoso coa veciñanza” e “fala do problema de acceso á vivenda”, a alcaldesa “xoga coa ambigüidade e segue sen posicionarse claramente ao respecto das vivendas de uso turístico”.
Unha cuestión, a regulación das VUT, “clave” para abordar ambos retos segundo a que fora responsable de urbanismo no goberno socialista. Rosón asegura que Sanmartín contaba xa “cun borrador enriba da mesa cando chegou”, xa que o deixaran preparado do anterior mandato: “polo tanto, é momento de que dea explicacións e pedirémosllas no próximo pleno para que aclare a que se debe este retraso na nova ordenanza” afirma. Rosón que asegura “temer” que esta dilación nos prazos -porque a alcaldesa asegurara que a finais do mes de outubro estaría un primeiro borrador-, débese a que Sanmartín “prometeu máis do que podía cumprir durante a campaña electoral”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)