Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 mayo, 2025
Redacción, a 8 de maio de 2025 — O Concello de Oroso vive estes días a súa cita máis destacada do ano: a Festa da Troita, que celebra a súa 27ª edición cun programa repleto de actividades, música e, como non podía ser doutro xeito, toneladas de troita para todos os gustos. O alcalde, Álex Doval, recibiu a este medio nos estudios para desgranar os detalles dun evento que xa é «unha das citas ineludibles do calendario», como el mesmo define.
A Festa da Troita naceu como homenaxe aos seis ríos que percorren o concello, confesou o rexedor. Este ano, a programación vai dende o campionato de pesca infantil —»con máis de 50 nenos anotados, un récord»— ata concertos como o de Roi Casal, que mestura son galego e cubano, pasando pola degustación de 600 kilos de troita subvencionados pola Xunta de Galicia.
«É importante non desvirtuar a orixe da festa: os ríos e a troita son o noso símbolo», destacou Doval.
Entre as novidades desta edición está a Tuna de Santiago, que actúa por primeira vez en Oroso: «Sempre traíamos charangas, pero este ano queríamos algo diferente». O domingo, ademais, o pregón correrá a cargo dos alumnos do IES, unha iniciativa que xa triunfou o ano pasado: «Son nenos que explican como viven a festa, e iso emociona a todo o pobo».
A música terá un papel protagonista, con actuacións como as de Orquesta Fuego ou Panorama City, esta última por petición popular: «Os nenos pedíronno no pregón do ano pasado, e aquí están».
Reportaxe da pasada edición da Festa da Troita
Máis alá da festa, Doval aproveitou para falar das obras que están a transformar Oroso:
Humanización da praza Isaac Díaz Pardo: Un proxecto de 800.000 euros que comezará tras a festa.
Avenida Grabanxa: Unha inversión de 900.000 euros en colaboración coa Diputación.
Polígonos industriais: «O de Sigüeiro está case completo, e en San Martiño xa hai empresas interesadas».
«Somos un dos tres concellos da provincia con saldo vexetativo positivo. Isto é futuro», subliñou con orgullo.
A implicación do comercio e a hostalería é total. «Non só os bares de Sigüeiro, senón tamén os das parroquias participan. A Festa da Troita é de todo o concello», insistiu. Ademais, a Asociación de Comerciantes organizou un xogo con «troitas escondidas nos escaparates» para promover as compras locais.
O alcalde non oculta a súa ambición: «Queremos que a Festa da Troita sexa declarada de Interese Turístico Nacional antes da 30ª edición». Mentres, invita a todos a disfrutar deste fin de semana en Oroso: «Hai troita para todos, e somos un pobo acolledor. ¡Non faltedes!».
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)