AD

Actualidad

Os maiores de Rois que viven sós reciben cartas da cativada para acompañalos neste Nadal

today26 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • O Concello colaborou co proxecto posto en marcha polo colexio CPPI dos Dices para o envío de mensaxes realizadas polo alumnado
  • O obxectivo é axudar a combater a soidade da veciñanza maior de 70 anos que reside no municipio e que, por unha ou outra razón, pasou estas festas lonxe dos seus seres queridos
  • A misiva ía acompañada dunha carta do alcalde Ramón Tojo

Rois. 26-12-2023. As persoas maiores de Rois que viven soas sentiron neste Nadal o agarimo da veciñanza cun agasallo especial. Como xa é tradición, o Concello de Rois colaborou co proxecto posto en marcha polo colexio CPPI dos Dices para o envío de cartas con debuxos e mensaxes cheas de ilusión e de afecto realizadas polo alumnado co obxectivo de facelos partícipes destas festas.

“Vivir soa unha persoa non é sinónimo de sentirse só. E nós, como comunidade, debemos traballar arreo para que isto non sexa un bonito desexo polo Nadal, senón unha realidade cotiá”, subliñaba o alcalde, Ramón Tojo, na carta que acompañaba a cada un destes traballos.

Deste xeito, a cativada aprende a necesidade de axudar a combater a soidade das persoas maiores que residen no municipio e que, por unha ou outra razón, pasaron este Nadal lonxe dos seus seres queridos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%