Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today14 noviembre, 2023
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2023. O nomeamento de cargos de confianza por parte do bipartito segue xerando polémica no Pazo de Raxoi. O Grupo Socialista, que xa criticara no seu momento o anuncio da creación de 6 novas direccións de área saíron ao paso logo de que onte Sanmartín anunciase o nomeamento para o primeiro destes novos altos cargos. A edil socialista, Marta Abal, criticou esta contratación ao consideralo un acto de “incoherencia e certo cinismo”, recordando que «tanto a alcaldesa como María Rozas foron moi críticas coa creación de direccións de área no pasado mandato” cando “agora crean elas o dobre de prazas”.
Abal que asegura, ironizando, que onde si hai “certa coherencia” é nos criterios para a contratación do persoal eventual do BNG, “porque todos eles teñen o seu respec4vo carnet do BNG. Recordan desde as filas socialistas que, entre os úl4mos nomeamentos de eventuais, está o ex-alcalde de Rianxo, do BNG, a número 7 da candidatura do Bloque ás municipais ou unha antiga membro de Galiza Nova: “na súa maioría son membros da súa Executiva Local”.
“Máis de dous millóns de euros vai custar este goberno” asegurou a edil socialista, que criticou que, ante este gasto en persoal, “despois dirán que non hai cartos para inves4r na mellora da vida da nosa veciñanza”, xa que recorda, o bipar4to anunciou xa a súa intención de crear 5 novos altos cargos.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)