AD

Actualidad

Os socialistas piden explicacións a Raxoi polas «concentracións e carreiras de coches» na Sionlla

today4 septiembre, 2024

Fondo
share close
AD

Nuns vídeos difundidos nas redes do Grupo Municipal Socialista pódese ver unha multitude de persoas que se congregaron na noite deste sábado ao carón da nave de Autoradio

Os socialistas advirten do “perigo” que pode supor para as persoas asistentes polas altas velocidades ás que circulan estes vehículos

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2024. Convocadas a través de redes sociais, estanse a levar a cabo no polígono de A Sionlla concentracións de vehículos e carreiras que, polo de agora, se descoñece se se están a celebrar ou non de xeito legal e cumprindo cos correspondentes permisos. É o que se preguntan desde o Grupo Municipal Socialista que fixo públicos este martes uns vídeos nos que se pode ver como centos de persoas se agolpan ao carón da nave de Autoradio, na rúa Formarís, e rodean varios vehículos que circulan a altas velocidades entre a multitude que alí se da cita.

Desde as filas socialistas cualifican estas imaxes de “preocupantes” e interpelan ao goberno local para que aclare “se ten constancia de estes actos a través da Policía Local”. Neste sentido esixen claridade, que se explique por parte do executivo de Sanmartín “se hai un control do que alí se fai” e, ademais, “si se están tomando medidas de seguridade”.

Sobre isto último, insisten no perigo que pode supoñer para “calquera persoa que pase a esas horas da madrugada polo polígono” e, incluso, para os propios participantes de estes encontros debido á velocidade que alcanzan a circular os vehículos como se pode ver nas imaxes difundidas a través das súas redes sociais.

Segundo explican fontes coñecedoras de esta situación, a convocatoria de esta concentración foi para o pasado sábado 31 ás 23:30h e foi realizada vía redes sociais.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%