AD

Actualidad

Padrón anuncia a licitación do uso das parcelas para as atraccións na Pascua de 2024 a 2027

today23 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Padrón.23-1-2024.- O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o luns 22 de xaneiro o anuncio do Concello de Padrón de licitación das autorizacións de uso de parcelas do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais no Campo do Souto, Paseo do Espolón e rúas próximas durante as festas de Pascua nos exercicios 2024 a 2027.

A convocatoria está aberta á atraccións mecánicas e eléctricas, tómbolas e xogos de azar, postos de venda de comidas e/ou bebidas, roupa, complementos, bisutería, marroquinería, música, artesanía e similares, ademais da maquinaria agrícola para a exposición que se desenvolve coincidindo coas festas.

O prazo para a presentación de ofertas é de 30 días naturais, contados a partir da publicación do anuncio no BOP.

Toda a documentación desta licitación pode consultarse na páxina web municipal, no apartado Servizos – Licitación Postos de Pascua (nesta ligazón).

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%