Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today25 abril, 2025
Padrón. 25-4-2025.- O Concello de Padrón, a través da súa Oficina Municipal de Voluntariado (OMV), vén de poñer en marcha unha nova campaña de inscrición para incorporar mozas e mozos de entre 16 e 30 anos ao seu equipo de voluntariado xuvenil. O obxectivo desta convocatoria é reforzar o grupo actual para poder desenvolver dúas propostas culturais durante o verán, unha orientada exclusivamente á mocidade e outra de carácter interxeracional.
A campaña aposta pola participación activa da mocidade en dinámicas culturais e sociais que lles permitan coñecer mellor o territorio e contribuír á súa dinamización. Desde a OMV convidan ás persoas interesadas a sumarse a esta experiencia enriquecedora e comprometida coa comunidade.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o domingo 5 de maio. As persoas interesadas poden informarse a través do teléfono 981 817 025 ou escribindo ao correo voluntariado@padron.gal.
O voluntariado xuvenil é unha das liñas estratéxicas do programa Padrón Solidario, co que o Concello de Padrón fomenta o compromiso social e a participación cidadá, especialmente entre a poboación máis nova.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)