Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 diciembre, 2024
Padrón. 27-12-2024.- O vindeiros luns, 30 de decembro, o Concello de Padrón celebrará a conmemoración da Traslatio, un evento histórico que marca o traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende Jaffa, en Israel, ata o antigo porto de Iria-Flavia. Este episodio, de profunda relevancia tanto histórica como espiritual, subliña o papel fundamental de Padrón na tradición Xacobea, consolidando a vila como un punto de referencia na historia universal do Camiño de Santiago.
A cerimonia terá lugar na Igrexa de Santiago ás 20:00 horas e estará presidida por unha misa solemne oficiada por Monseñor Francisco Froján Madero, membro da Secretaría de Estado do Vaticano. A Coral Polifónica Padronesa acompañada a liturxia, e o acto culminará coa actuación do Cuarteto Novecento.
A Traslatio simboliza a chegada do corpo do Apóstolo Santiago a Iria-Flavia, un feito que tivo lugar hai máis de dous mil anos e se mantén vivo no imaxinario colectivo dos miles de peregrinos que, ano tras ano, chegan a Padrón.
Desde o Concello convídase á cidadanía a participar nesta conmemoración especial, que reforza o patrimonio histórico, cultural e espiritual da vila, e reafirma a posición de Padrón como un lugar imprescindible dentro da tradición Xacobea.
Neste día todas as persoas que o desexen poderán acceder á cámara que alberga o pedrón, a histórica ara romana que dá nome á vila e que representa un dos símbolos máis destacados da identidade cultural de Padrón.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)