AD

Actualidad

Padrón converterase este Nadal nun «pequeno Vigo»

today29 octubre, 2024

Background
share close
AD

Este martes Chus Campos, concelleira de Turismo, Festas e Emprego do Concello de Padrón, abordou nunha entrevista con Álvaro Veiga en Radio Líder Santiago varias iniciativas clave orientadas á promoción do turismo, a dinamización da economía local e a mellora dos servizos para residentes e visitantes.

A concelleira destacou que a celebración do Samaín estará centrada nos máis novos, cun festival na Praza Macías o 31 de outubro, con actividades e talleres: “Este ano enfocámolo directamente cara a cativada, con talleres e actividades para eles”.

En canto ao Nadal, Campos anunciou que a programación contará cun aumento de iluminación e actividades na vila, destacando a implicación de empresas privadas para mellorar a decoración: “Este ano ampliamos o alumneado e teremos música na rúa e outras sorpresas que penso que gustarán moito”. Anunciou que o acendido la luces terá lugar o 1 de decembro, apostando por crear unha programación e decoración de grande interese, «un pequeno Vigo», comentou.

A revitalización da Praza de Abastos é outro dos proxectos máis ambiciosos, incluíndo a instalación dunha oficina de turismo na zona. “A praza de Abastos non só será para o mercado, senón un punto estratéxico para o Camiño de Santiago”, afirmou. Este espazo incluirá unha aula gastronómica, zonas de descanso para peregrinos e espazos para o comercio local. Destacou tamén as obras na zona da confluencia dos ríos Ulla e Sar, onde se creará un novo parque e mirador, que xa está na recta final da súa actuación.

Doutra banda, a participación en Fitur volverá poñer a Padrón no mapa turístico. Segundo Campos, a intención é mostrar “todo o potencial cultural e natural da vila”. Ademais, confirmou o irmandamento con Shingu, unha vila xaponesa, o que fortalecerá os vínculos co país asiático e atraerá visitantes interesados no Camiño de Santiago.

Chus Campos e Álvaro Veiga durante a entrevista

Xa na recta final, a responsable da área de Emprego de Padrón dou conta dos datos recentes do paro no municipio, os cales son alentadores, con só 312 persoas desempregadas nunha poboación de máis de 8.400 habitantes. Campos recoñeceu a importancia das grandes industrias locais como Finsa ou Cortizo no mantemento desta estabilidade.

Chus Campos pechou a entrevista mencionando que a próxima celebración da Pascua contará con importantes novidades, aínda que prefiriu non adiantar detalles, indicando que “sempre hai que superar as expectativas”.

Tes a entrevista completa no seguinte enlace.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%