AD

Comarca

Padrón leva a súa esencia a FITUR 2025: tradición, gastronomía e innovación turística

today16 enero, 2025

Fondo
share close
AD

 

O Concello de Padrón consolídase como un destino turístico de referencia en Galicia, combinando tradición, gastronomía e cultura. Nunha entrevista realizada nos estudios de Radio Líder en Santiago, Chus Campos, responsable de turismo e festas, desvelou os proxectos e cifras que avalan este éxito.

Durante o pasado Nadal, Padrón destacou por converterse nun «pequeno Vigo», con actividades e iluminación que atraerón visitantes e veciños: “Houbo moitísima participación e xa estamos a planificar o Nadal seguinte,” comentou Campos. Este enfoque confirma o compromiso do concello coa dinamización das festas tradicionais, engadindo actividades innovadoras e familiares.

En canto ao turismo, os datos son reveladores: 170.000 peregrinos pasaron por Padrón no 2024, unha cifra que non inclúe visitantes ocasionais nin excursións organizadas. Para incrementar a estadía e o atractivo turístico, Campos sinalou o esforzo por diversificar a oferta: “Queremos que as familias disfruten da nosa natureza e gastronomía, prolongando a súa visita.”

Padrón tamén estreará proxectos ambiciosos como a renovación do casco antigo e a construción de novos hoteis, o que reforzará a súa capacidade de acollida. A representación na feira internacional de turismo FITUR 2025, será outro paso clave, cunha imaxe destacada no Pavillón de Galicia e actividades promocionais: “Presentaremos a nosa oferta gastronómica e cultural, como as Xornadas da Lamprea, que atraen milleiros de visitantes cada ano.”

Non faltou mención aos plans futuros, como as festas da Pascua e a aposta por unha infraestrutura máis accesible, facendo referencia á reivindicación de gratuidade na AP9. Campos pechou a entrevista destacando o carácter acolledor de Padrón: “É un concello conectado con toda Galicia, un lugar tranquilo para disfrutar da nosa hospitalidade.”

Tes a entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%