AD

Actualidad

Pedro Blanco anuncia “máis apoio, medidas e orzamento” para o Terceiro Sector en Santiago

today25 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

No marco de #ConversasDeBarrio, o candidato socialista á Alcaldía visitou ASPAS e sinalou que “queremos que as entidades sexan unha prioridade na acción do goberno municipal, que sintan o alento e o respaldo do Concello, que Santiago lidere o apoio ao terceiro sector”

“Para nós, todas as entidades son importantes. Todas forman parte de Compostela e todas teñen moito que aportar no proxecto de cidade que estamos a construír”, destacou, ao tempo que reclamou á Xunta que cumpra coa cidade xa que ten as competencias na materia

Pedro Blanco manterá durante esta xornada encontros coa veciñanza de Laraño e Vidán para analizar as súas inquedanzas coa intención de “escoitar para acertar”

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2026. O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, anunciou hoxe a súa intención de impulsar un Plan Especial para o terceiro sector co obxectivo de reforzar o apoio municipal ás entidades sociais de Compostela, acompañalas con novas medidas e incrementar os recursos destinados ao seu labor. “Queremos que o terceiro sector en Santiago sexa o primeiro sector. Que sexa de verdade unha prioridade na acción do goberno municipal”, afirmou Pedro Blanco durante a súa visita á sede da Asociación ASPAS, no marco dunha nova xornada de #ConversasDeBarrio, a iniciativa coa que está percorrendo os barrios e mantendo encontros co tecido social da cidade.

Pedro Blanco, acompañado polos concelleiros socialistas Marta Abal e Gumersindo Guinarte, destacou o papel que desempeñan entidades como ASPAS, que traballan diariamente con persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, e puxo en valor o papel do conxunto do terceiro sector na cidade. “Son familias, son veciños e son persoas de Santiago. Entidades que moitas veces chegan onde non chegan as administracións”, sinalou. Neste sentido, explicou que o futuro Plan Especial buscará fortalecer o tecido social de Compostela, “queremos que sintan o alento e o respaldo do Concello. Acompañalos con máis apoio, novas medidas e máis orzamento”, afirmou, resaltando, ao mesmo tempo, que “sabemos que as competencias son autonómicas e a Xunta ten que cumprir coa cidade”.

Durante esta fase de escoita, o candidato socialista abordará coas entidades e colectivos do terceiro sector as súas propostas para estudalas e incorporar ao futuro Plan aquelas iniciativas que permitan dar unha resposta máis rápida e eficaz ás súas necesidades. “Queremos que Santiago dea un paso adiante, que avance. E estou convencido de que entre todas e todos faremos que Santiago lidere o apoio ao terceiro sector”, remarcou.

A visita a ASPAS forma parte dunha nova xornada de #ConversasDeBarrio, que levará tamén ao candidato a manter encontros coa veciñanza e co tecido asociativo de Laraño e Vidán, onde almorzará, para analizar as súas inquedanzas no día a día. Pedro Blanco defendeu esta forma de facer política baseada en escoitar antes de propoñer e coñecer antes de decidir. “Como digo sempre, escoitar para acertar. Iso é o que queremos facer: construír un proxecto entre todos e para todos”, explicou.

“Estamos percorrendo os barrios e reuníndonos co tecido social para pulsar as súas demandas e preocupacións. Para nós, todas as entidades son importantes. Todas forman parte de Compostela e todas teñen algo que achegar”, afirmou.

Pisando rúa, barrio a barrio

#ConversasDeBarrio é a iniciativa coa que Pedro Blanco está a percorrer Santiago e manter reunións diarias con veciñanza, asociacións, colectivos e entidades sociais, visitando os seus locais e coñecendo directamente a realidade de cada barrio.

O obxectivo destas conversas é escoitar, recoller as demandas e propostas da cidadanía e construír, a partir delas, un proxecto de cidade. “Barrio a barrio, colectivo a colectivo”, resume Blanco, que defendeu a necesidade de “pisar rúa” e estar preto das persoas para coñecer de primeira man o que Santiago necesita para avanzar.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *