AD

Actualidad

Recollida de alimentos en Santiago para os damnificados pola DANA

today1 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD

01/11/2024.- O Concello de Santiago, atendendo á solicitude realizada a través da Federación Española de Municipios e Provincias e en coordinación coa propia FEMP e a Federación Valenciana de Municipios y Provincias, iniciará esta tarde a recollida de produtos de primeira necesidade para o seu envío ás localidades afectadas pola DANA.

A recollida realizarase nas dependencias de Protección Civil, no estadio municipal Vero Boquete de San Lázaro. Esta tarde poderase facer entrega das doazóns en horario de 18.00 a 21.00 horas, e o horario previsto para mañá será de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

Atendendo ás recomendacións da FEMP, demándanse os seguintes produtos: leite, auga, alimentos non perecedoiros, biberóns, cueiros, palas e botas de auga, calcetíns, produtos de hixiene persoal e sacos de durmir.

O Concello de Santiago chama á veciñanza a colaborar con esta recollida, e mostra, unha vez máis, a dor polo acontecido, o pésame aos familiares das persoas falecidas, e a solidariedade con todas as persoas afectadas pola DANA.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%