AD

Comarca

Rematado o mural de emblemas locais do teatro principal da Estrada

today9 junio, 2026

Fondo
share close
AD

A Estrada, 9 de xuño de 2026.- O artista Pablo Loyola completou este mediodía o mural de emblemas locais nunha das paredes laterais do Teatro Principal.

A obra inclúe a figura do escritor Manuel García Barros (este ano conmemórase o 150 aniversario do seu nacemento) no espazo no que cada ano se entrega o Premio de Novela que convoca o Concello da Estrada e que leva o seu nome.

A composición incorpora tamén outros elementos destacados do patrimonio estradense, caso da casa consistorial, a igrexa parroquial de San Paio, o Pazo de Oca ou a ponte medieval que cruza o Ulla e separa A Estrada do xa coruñés Concello de Teo.

Este mural de gran formato súmase a o feito por Loyola na Rúa 56, centrado na Rapa das Bestas de Sabucedo.

Con esta iniciativa, o Concello aposta pola arte urbana como ferramenta de dinamización cultural, mellora da paisaxe urbana e posta en valor destes representativos emblemas locais. A actuación conta coa implicación económica da Deputación de Pontevedra a través de Turismo Rías Baixas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *