Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Rianxo converterase os próximos 1 e 2 de agosto no punto de encontro para as persoas amantes da gastronomía e das tradicións mariñeiras coa celebración da XV Festa do Mexillón, unha cita xa consolidada no calendario festivo do verán galego.
Durante as dúas xornadas, veciñanza e visitantes poderán degustar diferentes elaboracións de mexillón a prezos populares, poñendo en valor un dos produtos máis representativos das rías galegas e un símbolo da tradición mariñeira de Rianxo.
A festa constitúe unha excelente oportunidade para promover o consumo de produto local, apoiar o sector mexilloeiro e contribuír á dinamización da actividade económica e turística da vila. Ademais da oferta gastronómica, o programa contará cun ambiente festivo pensado para todos os públicos, reforzando o carácter acolledor e participativo desta cita estival.
O evento está organizado pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo Rianxo, coa colaboración do Concello de Rianxo.
Desde a organización fan un chamamento á cidadanía e ás persoas visitantes para achegarse a Rianxo e gozar dunha fin de semana na que a gastronomía, a tradición e a convivencia volverán ser as grandes protagonistas.
Escrito por Líder Redacción




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)