Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 febrero, 2024
Lamenta a falta de avances do goberno local “cando lles deixamos enriba da mesa un borrador de ordenanza” e pedirá explicacións no pleno deste xoves
“Pregúntome cando ten previsto, polo menos, fixar posición pública o goberno do BNG en relación á regulación das VUT para acabar coa incerteza dos colectivos implicados”, afirma.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024.- O grupo socialista denuncia retrasos e acusa ao goberno do BNG de “bloquear” a nova ordenanza que debe regular as Vivendas de Uso Turístico, logo de que no pasado mandato se modificase o Plan Xeral para poñer coto á proliferación deste po de aloxamentos turísticos. Así o denunciou Mercedes Rosón en rolda de prensa este martes, asegurando “non entender por que a señora Sanmar n paraliza a regulación das VUT”.
Rosón amosouse especialmente crítica co que cualificou de “ambigüidade manifesta” do grupo do BNG nesta cues ón. Critica a edil socialista que “mentres claman por un turismo sos ble e respectuoso coa veciñanza” e “falan do problema de acceso á vivenda”, a alcaldesa “segue sen posicionarse claramente ao respecto das vivendas de uso turístico”.
“Existe unha desconfianza entre unha parte importante da sociedade compostelá que non entende a que obedece a ac tude da alcaldesa a este respecto” denunciou a edil socialista que recordou que “todos os prazos marcados polo goberno para ter un borrador de ordenanza foron incumpridos”.
Lembran os socialistas que a alcaldesa comprometérase a ter a finais de outubro un primeiro borrador e despois asegurou que iría a pleno para a súa aprobación antes de que rematase o 2023: “pasados dous meses do novo 2024 nada se sabe” critica, alertando de que “agora tan sequera hai un horizonte marcado como data límite para o seu remate, toda vez que os prazos marcados anteriormente por eles mesmos foron incumpridos”.
“É importante tamén saber se a Compostela Aberta xa non lle importa a regulación das VUT”
Mercedes Rosón preguntouse ademais pola postura de CA neste proceso e preguntouse “se a señora Rozas é cómplice deste bloqueo” ou “se a Compostela Aberta xa non lle importa a regulación das VUT”, apelando á “diferenza clara” que “sempre houbo” entre os posicionamentos de CA e BNG. Lembra, precisamente, que a modificación do Plan Xeral impulsada durante o mandato socialista saíu adiante, precisamente, gracias aos votos de CA, “mentres a señora Sanmartín, xa entón, decidiu poñerse de perfil”.
“Cada día que seguimos sen saber nada da ordenanza é un día perdido para avanzar nun modelo de turismo sostible e mellorar a oferta de vivenda en alugueiro convencional en Compostela” insiste a edil socialista, incidiu na “incerteza” dos colectivos implicados, tamén a que viven os propietarios de vivendas turísticas que operaban con anterioridade á regulación: “levan vivindo nun limbo legal dende fai máis de 9 meses e temos a tempada estival, de novo, á volta da esquina”.
“Durante a campaña xerou un nivel de expecta vas que, seguramente, agora non é quen de cumprir”
A preguntas dos xornalistas sobre os mo vos do retraso na tramitación do borrador da nova ordenanza, Rosón insistiu na “desconfianza compar da” por unha parte “importante” da sociedade neste proceso, cuestionando que o motivo latente sexa que “durante a campaña, a señora Sanmartín xerou un nivel de expectativas que, seguramente, agora non é quen de cumprir”.
Insiste a que fora responsable de Urbanismo que, antes de deixar o goberno, o grupo socialista deixou sobre a mesa un borrador de ordenanza para fixar as condicións para a regularización das VUT que operaban con anterioridade á revisión do plan xeral: “falamos de xuño do 2023, fai xa 9 meses”.
Rosón aproveitou ademais para reafirmarse na conveniencia de impulsar esta regulación durante o mandato socialista, ante a proliferación das vivendas de uso turístico na cidade de Compostela: “un problema compar do por moitas cidades de Galicia e de España, e na que Compostela foi, de novo, pioneira na súa regulación”.
Written by: Líder Redacción
bloqueo compostela psoe radio lider santiago santiago turismo vivendas
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)