AD

Actualidad

Santiago acollerá o España-Grecia de baloncesto na loita por unha praza no Mundial

today5 noviembre, 2026

Fondo
share close
AD

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe, xunto coa presidenta da Federación Española de Baloncesto, Elisa Aguilar, na presentación do encontro entre as seleccións masculinas de España e Grecia. Calvo estivo acompañado polo secretario xeral para o Deporte, Roberto García, e polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles.

O partido disputarase o domingo 29 de novembro no Multiúsos Fontes do Sar e corresponde á última rolda de clasificación para a Copa do Mundo de Qatar 2027. Será o primeiro encontro oficial que a selección masculina española dispute en Santiago de Compostela e resultará clave para as súas aspiracións de conseguir unha das prazas que dan acceso ao Mundial.

Calvo aproveitou a presentación para lembrar o bo momento do baloncesto galego, con tres equipos na máxima categoría masculina, outros tres na feminina e máis de 20.200 licenzas federativas. O conselleiro sinalou que a presenza da selección española en Santiago contribuirá a proxectar Galicia como sede de grandes eventos deportivos.

Pola súa banda, Merelles salientou que os eventos deportivos contribúen a promocionar Galicia e a atraer visitantes, especialmente dos mercados internacionais. Tamén destacou o apoio da Xunta a competicións de distintas disciplinas a través do Plan Director de Patrocinios do Xacobeo 2027. En 2025, o turismo deportivo atraeu a Galicia 118.000 visitantes, que xeraron un gasto total de 31 millóns de euros.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *