AD

Destacado

Santiago aposta polo mercado mexicano, o de maior nivel adquisitivo de América

today13 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • O gasto medio diario dun turista mexicano foi no 2022 o máis elevado dos turistas procedentes de América.

13/12/2023.- Turismo de Santiago participa do 10 ao 13 de decembro nas Xornadas de Apoio á Comercialización dos Mercados de México e Centroamérica, organizada por Turespaña, co obxectivo de mellorar o posicionamento de Compostela no país e incrementar o número de turistas mexicanos. A entidade de promoción e xestión turística municipal está mantendo máis de 50 reunións con profesionais de México interesados en traballar organizando viaxes a Compostela.

O mercado mexicano é unha oportunidade para diversificar a demanda turística de calidade de Santiago, tendo en conta que, segundo os datos de Turespaña, hai máis de 26 millóns de mexicanos con capacidade económica para realizar polo menos unha viaxe internacional ao ano.

Ademais, polas características socioeconómicas destes máis de 26 millóns de persoas, o seu perfil de gasto é moi superior á media do turista internacional. Segundo os datos de Turespaña, os potenciais turistas mexicanos teñen unha media de gasto superior aos 2.000 euros, moi por riba da media do turista internacional, que é de 1.000 euros.

En concreto, segundo os datos do INE, o gasto medio por persoa ao día dun turista mexicano no 2022 foi o máis elevado dos turistas procedentes de América, con 334 euros, por riba de países como Arxentina, con 281 euros, Brasil, con 272, e mesmo EEUU, con 266 e Canadá, con 256.

Ademais, o número de persoas procedentes de México que fan o Camiño de Santiago está incrementándose dun xeito importante nos últimos anos, especialmente dende a forte reactivación turística que viviu a cidade tras á crise xerada polo Covid-19.

Así, neste 2023 México sitúase xa como octavo país co maior número de Compostelas entregadas, con máis de 8.200. Esta cifra duplica o número de Compostelas entregadas no 2019, 4.092, que colocaron ao país coma o décimoquinto con maior número de peregrinos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%