Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 octubre, 2026
OGoberno local de Santiago de Compostela deu luz verde á prórroga do contrato actualmente en vigor para a prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). A medida entrará en vigor o próximo 1 de novembro de 2026 e manterase ata o 31 de maio do ano que vén, co obxectivo de garantir a continuidade deste servizo municipal.
No ámbito da contratación pública, o executivo municipal tamén acordou declarar deserta a licitación das obras de reparación e acondicionamento de muros tradicionais nos parques de Bonaval e Belvís, despois de que non se presentase ningunha oferta dentro do prazo establecido.
Por outra banda, aprobouse a emisión dunha orde de continuidade á empresa Ascensores Enor, actual adxudicataria do servizo de mantemento dos ascensores e salvaescaleiras das instalacións municipais, para asegurar que se siga prestando este servizo.
Finalmente, o Goberno local acordou prorrogar durante dous anos o contrato de subministración de uniformidade para a Policía Local, adxudicado á empresa SAGRES SL. A ampliación manterá os mesmos termos e condicións establecidos nos pregos de contratación e nos contratos formalizados.
Estas decisións forman parte dos acordos adoptados polo executivo municipal en materia de contratación e continuidade dos servizos públicos.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)