AD

borja verea

24 Resultados / Página 1 de 3

Fondo
AD

Destacado

“O que dixemos, dito está”: o PP mantería a cesión da alcaldía para desaloxar ao goberno

O líder popular critica a xestión do goberno local, denuncia o peche de centros socioculturais e reitera a súa disposición a facilitar unha alternativa á alcaldía O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, fixo un duro diagnóstico da situación actual da cidade durante unha entrevista na que repasou a actualidade política, social e cultural da capital galega. O popular advertiu dunha “preocupante tendencia ou decadencia” en eventos como o Entroido, denunciou o peche de centros socioculturais, cualificou de […]

today24 febrero, 2026

Actualidad

Borja Verea presenta 25 medidas que definen o futuro goberno do cambio en Santiago

“Somos a única alternativa e temos a obriga institucional de explicarlles aos composteláns como sería o noso goberno”, salientou. O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, aproveitou o Debate do Estado do Municipio para presentar o que definiu como “as trazas do futuro goberno do cambio”, un conxunto de 25 medidas claras, concretas e de execución inmediata coas que o Partido Popular aspira a recuperar o pulso dunha cidade que, ao seu xuízo, “hoxe está peor que en […]

today13 febrero, 2026

Actualidad

Verea sobre a financiación do Banco de Alimentos: “Na Coruña achegan 50.000 € e en Santiago non chega nin aos 5.000”

O líder do PP en Santiago, Borja Verea, denunciou hoxe a “hipocrisía” do goberno municipal de BNG e Compostela Aberta pola súa falta de resposta ás peticións de axuda do Banco de Alimentos de Santiago, unha entidade que presta apoio a máis de 1.000 familias da cidade a través de distintas organizacións sociais. “Visitamos o Banco de Alimentos de Santiago para denunciar unha hipocrisía: a do goberno do BNG, a de Compostela Aberta e a da alcaldesa, Goretti Sanmartín, que […]

today3 febrero, 2026

Destacado

Verea: “Acordarse un ano antes das eleccións de escoitar aos veciños (dous días ao mes) é unha tomadura de pelo”

O presidente do PP de Santiago acusa ao Goberno local de afastarse da veciñanza, de danar o turismo e de converter a cidade “nun caos sen responsables”, mentres se presenta como a única alternativa de cambio de cara a 2027. O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, inaugurou o calendario de entrevistas políticas de 2026 en Radio Líder cunha análise moi crítica do estado da cidade e da acción do Goberno municipal. Segundo afirmou, o novo ano comeza […]

today15 enero, 2026

Destacado

Verea: «Apoiar a proposta de Rosón como alcaldesa foi un xesto de xenerosidade pola cidade»

O líder do PP compostelán acusa á alcaldesa de “neglixencia, turismofobia e colapso institucional” e reclama a súa dimisión. A entrevista realizouse un día antes da protesta do 25N fronte á sede popular. Redacción, 26 de novembro de 2025.-  O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, lanzou unha dura crítica contra o goberno municipal liderado por Goretti Sanmartín (BNG), ao que acusa de “neglixencia” e de provocar “o maior colapso institucional da historia recente do Concello”. A entrevista, […]

today26 noviembre, 2025

Destacado

«O PSOE e os non adscritos critican cada día o goberno, pero non fan nada para cambialo»

O líder popular compostelán defende en Radio Líder que Santiago “non funciona” e ofrece un “goberno de emerxencia” para substituír o executivo de Goretti Sanmartín, mentres a oposición descarta a moción de censura. O voceiro municipal do PP e deputado autonómico, Borja Verea, asegurou nunha entrevista este mércores en Radio Líder Santiago que continúa traballando “con luz e taquígrafos” para lograr unha moción de censura que permita un cambio de goberno en Compostela. “Se por min fose, mañá mesmo presentaba […]

today9 octubre, 2025

Actualidad

Verea propón baixarlle o IBI aos propietarios que poñan o seu piso en aluguer

• “Para nós -dixo o popular- hai outro camiño para facer as cousas, polo que non subiríamos o IBI ás vivendas baleiras, como deixamos moi claro no Pleno, nós non estamos de acordo en que a solución á vivenda baleira sexa subir impostos”. • “Queda claro -indicou- que o meu obxectivo é demostrar que hai dúas maneiras de gobernar: a de BNG, CA e PSOE; castigando, prohibindo, sancionando e subindo impostos, mentres que nós propoñemos: baixar impostos, premiar, incentivar e […]

today29 septiembre, 2025

Actualidad

A vivenda, eixo central do proxecto de Borja Verea para a capital galega

O líder do PP compostelán critica a “suma obscena de minorías” que, ao seu xuízo, mantén paralizada a cidade, e presenta a vivenda como o principal eixo do seu proxecto político. “Os non adscritos están a render pleitesía ao BNG e a Compostela Aberta", asegura Verea, pechando así a porta a un posible achegamento para acadar novas maiorías de goberno O inicio do curso político en Compostela O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, abriu o curso político […]

today8 septiembre, 2025

Destacado

Verea ante o peche da base de Ryanair na cidade: “o cóctel do PSOE e BNG é letal para Santiago”

O líder popular destacou que “Santiago non pode resignarse a perder o seu obxectivo que é transformar o Aeroporto de Lavacolla no aeroporto internacional referente do noroeste peninsular, e moito menos por culpa de decisións políticas equivocadas”. “Para os que din que a industria turística non xera emprego, que llo vaian explicar ás 120 familias que van perder o seu traballo un día antes do comezo dos colexios dos seus fillos”, incidiu Verea. O líder do Partido Popular, Borja Verea, […]

today4 septiembre, 2025

AD