AD

Sin Categoría

Joaquín Castro, campión do Gran Premio Concello de Ames de supercross 2026

today21 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

O podio completouse coa segunda posición de Daniel Carracedo e o terceiro posto de Carlos Moreiras. Na Master 35, o podio formárono Freddy Sánchez, Adrián Guerreiro e Alberto Fernández, respectivamente

Malia a calor o circuíto estivo en boas condicións e non se levantou moito po, o que permitiu ao público ver un bo espectáculo e aos pilotos competir en boas condicións

Ames, 21 de setembro de 2026.- O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organizou este sábado, 19 de setembro, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a Lei 3/2012. Nesta proba que se desenvolveu no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participaron os mellores pilotos de supercross de toda Galicia. Os pilotos Joaquín Castro, Daniel Carracedo e Carlos Moreiras subiron ao podio da categoría elite. Participaron 33 pilotos repartidos en seis categorías. Esta foi unha das edicións con maior asistencia de público.

O Gran Premio Concello de Ames de supercross 2026 celebrouse este pasado sábado, 19 de setembro, no circuíto SX Alex de Moure, nunha xornada de calor e de grande expectación nas bancadas. Malia a calor o circuíto estivo en boas condicións e non se levantou moito po, o que permitiu ao público ver un bo espectáculo e aos pilotos competir en boas condicións.

Pola mañá desenvolveranse as verificacións técnicas e administrativas. De seguido, os pilotos participaron nos adestramentos libres e de clasificación. Pola tarde, a partir das 17:00 horas, realizáronse as probas de competición que estiveron composta de dúas mangas por categoría.

Esta proba, que se desenvolveu no circuíto SX Alex de Moure, na parroquia da Ameixenda, forma parte dun campionato de supercross e motocross a nivel autonómico, denominado “Galicia League, Crono Racing”, nas que participan os mellores pilotos de supercross de toda Galicia. A través desta proba trátase de potenciar o deporte de base na modalidade do supercross e motocross.

A proba desenvolveuse nun total de seis categorías: 50cc, 65cc, 85cc, Promoción, Master 35 e Elite. En total, participaron 33 pilotos repartidos en cada un dos niveis.

Resultados da proba
O gañador da categoría Elite foi o piloto carballés Joaquín Castro. O podio completouse coa segunda posición de Daniel Carracedo e o terceiro posto de Carlos Moreiras. Na Master 35, o podio formárono Freddy Sánchez, Adrián Guerreiro e Alberto Fernández, respectivamente.

Xa na categoría de Promoción, o ouro foi para Alberto Casal, que estivo acompañado no podio por Marcos Pérez e David Campañó. Na proba de 85cc, o gañador foi Álvaro Torres, mentres que a segunda posición correspondeulle a Aizan Rascado.

Por último, na categoría de 65cc, o gañador foi Mateo Pérez, segundo clasificado Noel Carracedo e terceiro Lucas García, e na proba de 50cc, o gañador foi Lucas Raijmakers e o segundo clasificado foi Owen Prado.

Ao rematar a proba, os premios foron entregados polo alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz; e os concelleiros do Partido Popular, Pablo Beiroa e José Ramón Oulego.

Novidades no circuíto SX Alex de Moure
O circuíto SX Alex de Moure dispón dunha pista de 680 metros e diferentes saltos: mesetas, dobres, etc. Para esta edición do Gran premio Concello de Ames de supercross realizáronse varias melloras no circuíto. O trazado dispuxo de máis ancho e contou cun novo salto. Ademais, este ano aplicouse un novo material máis arxiloso en toda a pista o que permitiu que tivese maior resistencia á humidade.

Este recinto de máis de 19.000 metros cadrados conta cun amplo aparcadoiro gratuíto, situado a escasos metros da pista de competición, e cunhas condicións óptimas tanto para a práctica do deporte como para contemplación desta modalidade deportiva.

Escrito por Líder Redacción

Publicaciones similares

Sin Categoría

Os municipios de Boiro e Elciego oficializan o seu irmandamento

O goberno local propón para o seu debate a aprobación no Pleno do vindeiro xoves o irmandamento co municipio de Elciego. Unha proposta que nace do interese de ambos os dous concellos de formalizar as canles de cooperación entre administracións e veciñanza. Os irmandamentos entre municipios constitúen unha ferramenta de […]

today22 julio, 2026

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *