AD

partido popular (PP)

41 Resultados / Página 3 de 5

Fondo
AD

Actualidad

O PP promete devolverlle a súa «dignidade» ao cemiterio de Boisaca cunha renovación completa

O Partido Popular de Santiago reclama unha renovación integral do cemiterio municipal de Boisaca para recuperar a dignidade deste espazo e solucionar as deficiencias que presenta na actualidade. O recinto, o maior espazo funerario da capital de Galicia, precisa de actuacións de maior calado para mellorar tanto o seu mantemento como a accesibilidade, a sinalización e o estado xeral das instalacións. As concelleiras populares María Baleato e Olaya Otero visitaron o cemiterio para comprobar in situ a situación do recinto. […]

today13 agosto, 2026

Actualidad

Nerea Barcia: “Goretti Sanmartín descubre o rural a dez meses das eleccións”

A concelleira popular critica que o goberno municipal fale agora de “reequilibrar” os investimentos cando hai parroquias nas que non figura ningunha actuación específica nos últimos anos O PP denuncia tamén o deterioro dos viais e pregunta onde está o estudo de 5.000 euros sobre o estado das estradas anunciado en febreiro A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, criticou que o goberno de BNG e CA pretenda trasladar agora unha preocupación polo rural compostelán que, ao seu […]

today10 agosto, 2026

Actualidad

Verea recuperará o esplendor das Festas do Apóstolo e converterá Santiago «nun referente cultural»

O presidente do Partido Popular de Santiago e candidato á Alcaldía, Borja Verea, defendeu durante unha entrevista en Radio Líder Santiago a necesidade de iniciar "un cambio tranquilo e solvente" na cidade, ao tempo que cargou contra a xestión do actual Goberno municipal, ao que acusou de "gobernar para uns poucos" e de carecer da ambición necesaria para situar Compostela no lugar que considera que merece. A conversa comezou coa recente vitoria da selección española, un acontecemento que Verea definiu […]

today22 julio, 2026

Actualidad

O PP reclama un dispositivo especial ante a vaga de roubos en vehículos en Santiago

  José Ramón de la Fuente pide reforzar a presenza policial nas zonas máis afectadas, identificar os puntos de maior incidencia e informar á cidadanía para previr novos roubos. O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, reclama ao Goberno municipal que reaccione ante a vaga de roubos no interior de vehículos que está a afectar á cidade e que acumula xa decenas de persoas prexudicadas. O concelleiro popular José Ramón de la Fuente considera necesario […]

today22 julio, 2026

Actualidad

Borja Verea propón un concello máis fácil coa incorporación de bizum aos pagos municipais

O líder popular enmarca esta medida nunha batería de propostas para simplificar o día a día dos composteláns e modernizar a Administración municipal. O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, presentou hoxe unha nova proposta destinada a facilitar a relación da cidadanía co Concello: incorporar Bizum como sistema de pagamento e cobramento municipal para taxas, actividades e servizos. Verea lembrou que nas últimas semanas o PP vén presentando un conxunto de medidas pensadas para facer máis fácil a […]

today13 julio, 2026

Actualidad

O PP denuncia que Sanmartín incumpre os acordos do Pleno e mantén abandonada a Cruxeira

José Ramón de la Fuente denuncia que, seis meses despois de que o Pleno aprobara unha moción do PP para actuar na zona, practicamente non se executou ningunha das medidas reclamadas e algunhas das escasas actuacións realizadas agravaron aínda máis os problemas existentes. O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, denuncia o absoluto abandono que continúa sufrindo a Cruxeira e acusa ao goberno de Goretti Sanmartín de incumprir os acordos aprobados polo Pleno municipal. Seis […]

today9 julio, 2026

Actualidad

O PP alerta dunha “alarmante situación de suciedade” en Santiago

Lamentamos que -agregou Adrián Villa-, a pesar do enorme custo económico que supón este contrato para as arcas municipais e para o peto da veciñanza, que a realidade sexa unha cidade máis sucia, máis descoidada e peor xestionada, pagamos máis que nunca para recibir menos”. “É moi grave a permisividade do goberno de BNG e CA coa proliferación de carteis de organizacións políticas afíns colocados en espazos non autorizados, sen que conste retirada inmediata nin sancións polos continuos incumprimentos da […]

today8 julio, 2026

Actualidad

O PP denuncia unha crise no SAF e esixe responsabilidades ao goberno de Santiago

• Yolanda Otero remarcou que “os nacionalistas deben asumir a súa responsabilidade, exercer as súas facultades de control sobre a execución do contrato e esixirlle á empresa adxudicataria o cumprimento das súas obrigas contractuais”. • “Cabe destacar que, mentres o BNG convoca manifestacións noutros concellos a través do seu sindicato, a CIG, cando falamos de SAF en Santiago os nacionalistas gardan silencio”, insistiu. As concelleiras do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero e Olaya Otero, mantiveron unha reunión co representantes […]

today29 junio, 2026

Actualidad

Verea presenta un plan para reducir a 20 días o pago a provedores en Santiago

• O líder popular afirmou que Santiago "necesita abrir unha nova etapa, con máis estabilidade, máis capacidade de xestión e un Concello que volva funcionar con normalidade" O líder do PP de Santiago, Borja Verea, advertiu esta mañá de que o goberno local está a atravesar unha preocupante perda de capacidade de xestión, da que o atraso no pago a provedores é unha das súas consecuencias máis graves. Fíxoo despois de coñecerse que o Goberno municipal terá que recorrer a […]

today29 junio, 2026

AD