Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 junio, 2026
Boqueixón, 29 de xuño de 2026.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentarán mañá martes 30 de xuño a iniciativa “Tardeos no Pico Sacro”. Unha presentación que terá lugar no aparcamento do Monte Ilicino ás 11:30 horas e no que tamén estarán presentes uns corenta nenos e nenas do programa de conciliación Verán Activo, que dende as 10:00 horas elaborarán un “Almorzo saudable” baixo as indicacións do chef lalinense.
Os “Tardeos no Pico Sacro” son unha iniciativa do Concello de Boqueixón para tratar de poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, e cubrir as eivas que presenta, sobre todo a ausencia dunha oferta hostaleira en varios quilómetros á redonda. Así, porase en marcha un servizo de food-truck dirixido por Álex Iglesias para que todas as persoas que se acheguen polo Pico Sacro poidan non so tomar un auga ou un café, senón degustar petiscos e produtos locais, entre os que non faltarán clásicos da gastronomía local como as filloas de Lestedo ou a Tarta de Lestedo.
A maiores, o Concello dinamizará eses días (venres, sábados, domingos e festivos) cun servizo de guía turístico gratuíto e un variado programa de actividades con actuacións musicais, recitais de poesías e conferencias sobre o Pico Sacro, entre outras iniciativas.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)