AD

veran

12 Results / Page 1 of 2

Background
AD

Actualidad

Máis dun centenar de rapaces de Ames participaron nos cursos de natación este verán

O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, organizou para os meses de xullo e agosto varios cursos de natación que se están a desenvolver nas piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro Este ano inscribíronse un total de 111 nenos e nenas A concelleira de Deportes, Susana Señorís, visitou onte as piscinas descubertas e Bertamiráns e Milladoiro para comprobar de primeira man como se están a desenvolver estes cursos Ames, 29 de agosto de 2024.- O Concello […]

today29 agosto, 2024

Actualidad

Preto de 500 rapaces e rapazas de Ames participan nos campamentos de verán

O alcalde de Ames, Blas García, acompañado da concelleira de Educación e Mocidade, Carmen Porto, e do concelleiro de Xestión do Medio Rural, Javier Antelo, visitaron aos rapaces e rapazas que están participando no campamento da granxa escola El Kiriko, en Fornelos de Montes, do 14 ao 17 de xullo. Ademais, visitaron as instalacións do Cámping Paisaxe II, situado no Grove, onde tamén acudiron mozos e mozas de Ames O alcalde, Blas García, explica que “os campamentos de verán é […]

today17 julio, 2024

Actualidad

O “Verán en Ames” recolle tres meses de festexos e actividades

A programación estival “Verán en Ames 2024” está integrada por unha  ampla oferta de actividades que se estende durante tres meses, dende o xoves 4 de xullo ata o domingo 22 de setembro  Entre as propostas destacan as festas da Madalena do Milladoiro, do 2 ao 6 de agosto, e as da Peregrina de Bertamiráns, do 7 ao 11 O alcalde de Ames e concelleiro de Cultura, Blas García, explicou que “nestas actividades participan practicamente todas as concellerías, o que […]

today8 julio, 2024

Actualidad

‘Xullo Cultural’ en Rois ofrece unha ampla oferta de espectáculos para a cativada

A música, o teatro e o circo son os eixos principais desta proposta que se desenvolverá ao longo de todo o mes Rois. 01-07-2024. O Concello de Rois presenta un amplo e variado programa de actividades culturais que se desenvolverán ao longo do mes de xullo, con espectáculos deseñados especialmente para os máis pequenos da casa. Este programa forma parte da iniciativa de conciliación do verán, buscando ofrecer alternativas de lecer educativas e divertidas para as familias durante as vacacións […]

today1 julio, 2024

Actualidad

As rebaixas de verán no comercio de Arzúa repartirán 1000 premios directos

Arzúa, 29 de xuño de 2024.- A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa organiza unha campaña de dinamización comercial para impulsar o consumo nas rebaixas de verán do comercio local. Para elo, AECA premiará aos clientes que consuman nas rebaixas do Centro Comercial Aberto de Arzúa con 1000 premios seguros e directos que consistirán nun agasallo promocional. Os clientes para poder conseguir dito obsequio deberán facer unha merca superior a 50€ nalgunha tenda participante na campaña «Rebaixas de Verán». […]

today29 junio, 2024

Actualidad

A Baña abre o sábado 22 de xuño a piscina municipal de Agra de Chans

A temporada de verán prolongarase ata o domingo 15 de setembro A entrada diaria custará 2 euros e será gratuíta para os menores de 14 anos Hai bonos quincenais de 15 euros e mensuais de 25 euros para unha persoa e de 45 euros para familias A Baña.13-6-2024.- O Concello da Baña anuncia a apertura da piscina municipal de Agra de Chans para o próximo sábado 22 de xuño. A instalación estará operativa ata o 15 de setembro, brindando a […]

today13 junio, 2024

Actualidad

Os centros socioculturais de Santiago «viven o verán» con máis de 25 actividades distintas

11/06/2024 A Rede de Centros Socioculturais prepárase para uns meses moi intensos, con ducias de actividades no programa "Vive o verán". Música en directo, exposicións, actividades deportivas ou roteiros, fan parte dunha proposta na que se prevé a participación de máis de 3.000 persoas, "pensada para chegar a públicos moi diversos, e que ten como obxectivo que os veciños e veciñas desfruten do verán redescubrindo o seu municipio, con actividades de lecer, educativas, e que fomentan as relacións sociais e o […]

today11 junio, 2024

Actualidad

O Pino oferta un total de 260 prazas para conciliar no Lecer Verán

En xullo poden acudir ata 90 menores de 3 a 12 anos, 70 en agosto e 50 nas quendas de xuño e setembro Realizarase nas instalacións do pavillón municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago entre as 8.00 e as 15.00h O prazo de inscrición remata o 17 de xuño para as quendas de xuño e xullo e o 19 de xullo para as de agosto e setembro O Pino. 29-5-2024.- O Concello do Pino abriu o prazo […]

today29 mayo, 2024

Actualidad

Xa podes escoitar ‘A nosa verbena’ do artista santiagués Ortiga, da man de Estrella Galicia

Estrella Galicia, lanza a canción do verán "A Nosa Verbena" en homenaxe ás festas galegas. Trátase dunha nova sintonía, composta polo artista santiagués Ortiga, onde se describe unha xornada típica de verbena, na que non faltan os amigos e familia, as comidas, as historias de amor acompañadas dunha orquestra e, sobre todo, moita alegría e ganas de pasalo ben. Este himno a ritmo de cumbia, que estará a soar durante todo o verán nas  verbenas da comunidade, é un paso máis da cervexeira […]

today16 mayo, 2024

AD
0%