AD

Comarca

Vila de Cruces convoca cursos de natación para o verán na súa piscina municipal

today3 junio, 2026

Fondo
share close
AD

Haberá clases de iniciación, perfeccionamento e para adultos

As persoas interesadas en aprender ou mellorar a súa técnica de nado poderán solicitar a súa praza do 8 ao 12 de xuño

Vila de Cruces, 3 de xuño de 2026 (Vía Láctea Comunicación).- O Concello de Vila de Cruces convoca cursos de natación para este verán 2026. A proposta facilitará a aprendizaxe e a mellora das habilidades acuáticas dos participantes, persoas de todas as idades e niveis de natación, agás os nenos e nenas nacidos entre 2023 e 2026.

A actividade, que se realizará na piscina municipal de Vila de Cruces, sita na rúa Neira Vilas 38, desenvolverase nos meses de xullo e agosto con cursos de iniciación, perfeccionamento e para adultos. No mes de xullo, formaranse seis grupos que farán os cursos de martes a venres en diferentes horarios de 11:00 a 15:40 horas; e no mes de agosto crearanse cinco grupos, igualmente de martes a venres de 11:00 a 15:40 horas.

O formulario de solicitude, dispoñible nas dependencias do Concello ou na súa páxina web  www.viladecruces.es, presentarase xunto á documentación complementaria do 8 ao 12 de xuño de forma presencial no rexistro municipal ou na súa sede electrónica. Como requisitos para a concesión das prazas, o Concello comprobará que a persoa solicitante está empadroada en Cruces e seguirase unha estrita orde de inscrición.

O prezo dos cursos será de 35 euros ao mes por persoa usuaria, agás no caso das nenas e nenos admitidos no Programa Concilia de Verán para os que os cursos de natación terán un custo de 25 euros por mes. O pago efectuarase no número de conta habilitado polo Concello unha vez confirmada a admisión da persoa participante.

A listaxe de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios do Concello e na súa páxina web.

Máis información no Ximnasio Municipal de 17:00 a 21:00 horas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *