AD

Comarca

Teo celebra este domingo en Ribas o XXV Concurso Morfolóxico Cabalar

today24 agosto, 2026

Fondo
share close
AD
  • Esta edición tan especial reunirá competicións morfolóxicas, exhibicións ecuestres e propostas para todos os públicos
  • A celebración completarase cun amplo programa infantil gratuíto, a presenza da XVI Concentración Ferrari Galicia e, como peche, o espectáculo de Duende Ecuestre

Teo (A Coruña), 24 de agosto de 2026.- O Concello de Teo celebrará este domingo, 30 de agosto, o seu Concurso Morfolóxico Cabalar, que este ano cumpre a súa XXV edición, no lugar de Ribas, parroquia de Oza.

Esta edición tan especial reunirá competicións morfolóxicas, exhibicións ecuestres e propostas para todos os públicos. A celebración completarase cun amplo programa infantil, a presenza da XVI Concentración Ferrari Galicia e, como peche, o espectáculo de Duende Ecuestre, protagonizado por Alberto Borjas, campión do Salón Internacional do Cabalo de Pura Raza Española (SICAB) 2025. A entrada será libre e todas as actividades destinadas ao público serán gratuítas.

Como todos estes anos, o concurso -no que colabora a Asociación Amigos do Cabalo de Teo e numerosas empresas privadas- porá en valor a figura do cabalo, un animal de gran relevancia no municipio de Teo, sendo este animal o gran protagonista de diversos eventos culturais tal como os famosos entroidos dos Xenerais da Ulla ou a Feira Cabalar do San Martiño de Francos, ambas declaradas Festa de Interese Turístico de Galicia.

Programa

Sobre as 8.30 horas da mañá procederase á apertura de inscricións, onde cada propietario de animais deberá entregar á Organización do evento a carta de orixe no momento de formalizar a inscrición. A partir das 10.00 horas comezarán as distintas exhibicións de poldros, percheróns, cabalos e eguas, rematando a xornada coas famosas probas de arrastre e un espectáculo ecuestre de gran nivel.

Así mesmo, pola tarde haberá unha variada oferta de actividades para a rapazada, como un obradoiro de colgantes con motivos ecuestres, xogos populares e un parque de inchables. A cativada tamén poderán desfrutar dos postos de frigolosinas de balde e rematar a xornada cunha festa da escuma.

O programa deste concurso está dispoñible na web municipal teo.gal, no apartado de actividades.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *