AD

Comarca

Teo premiará o esforzo e traballo de deportistas e clubs locais na I Gala do Deporte Teense

today4 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

 

  • A cita será o vindeiro 3 de xaneiro de 2025 e celebrarase no Auditorio Municipal, onde os premiados estarán arroupados por familiares, amigos e xente do sector
  • Entre os galardoados destacan figuras como o futbolista do R.C. Deportivo da Coruña, David Mella; a karateka Ruth Lorenzo ou o exciclista, Ezequiel Mosquera
  • O Concello pretende potenciar o deporte local, que nos últimos anos recolleu grandes éxitos e ten unha gran proxección nacional e internacional

Teo (A Coruña), 4 de decembro de 2024.- O Concello de Teo celebrará o vindeiro 3 de xaneiro de 2025 a súa I Gala do Deporte Teense, onde se premiará o traballo e esforzo de deportistas e clubs locais.

Así, entre os galardoados destacan figuras como o futbolista do R.C. Deportivo da Coruña, David Mella; a karateka Ruth Lorenzo ou o exciclista, Ezequiel Mosquera; entre outros galardoados, pois este ano serán sete as categorías premiadas.

Desta forma, o Concello pretende potenciar o deporte local, que nos últimos anos recolleu grandes éxitos e ten unha gran proxección nacional e internacional. Amais, o Goberno local quere, desta forma, poñer en valor os deportistas, como exemplo de esforzo e constancia, e os clubs, como impulsores de disciplina e valores entre a cativada, fomentando unha competividade baseada no respecto entre xogadores.

Neste senso, para o Concello de Teo o deporte é unha prioridade. De feito, neste ano 2024 convocou os Premios á excelencia deportiva para os deportistas galego-teenses de alto nivel, cunha dotación orzamentaria total de 10.000 euros. O obxectivo prioritario foi apoiar ás persoas deportistas galegas de Alto Nivel que estean empadroadas no Concello de Teo e que participaron en competicións deportivas oficiais de categoría absoluta de ámbito mundial, europeo ou estatal no ano 2023.

Así mesmo, o Concello tamén aprobou as axudas destinadas á organización, promoción, preparación e participación deportiva de clubs e deportistas federados/as no ano 2024, por un importe total de 47.000 euros, dos que 12.000 euros se destinarán ás solicitudes formuladas por deportistas federados/as.

Con todo, estas axudas e os premios que se entregarán o vindeiro mes de xaneiro pretenden potenciar o deporte en xeral e o local en particular, promover a práctica deportiva, a creación de canteiras de deportistas no Concello de Teo, tanto a curto como a longo prazo e impulsar, deste xeito, formas de ocio alternativo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%