AD

Destacado

Unha performance de Teatro das Maniotas clausura a campaña “Brión polo bo trato”

today24 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • Un cento de persoas participaron na concentración e lectura do manifesto institucional na praza do concello

24 de novembro de 2023.- Un espectáculo a cargo de Teatro das Maniotas, grupo teatral conformado por alumnos e alumnas do IES de Brión, protagonizou este mediodía a tradicional concentración e lectura do manifesto institucional polo Día internacional para a eliminación da violencia de xénero. Un acto que tivo lugar na praza do concello de Brión e que puxo o broche de ouro á programación da campaña “Brión a prol do bo trato”, organizada dende os Servizos Sociais municipais e que incluíu charlas e obradoiros de prevención contra a violencia machista.

A concelleira de Igualdade, Rosa Romero, foi a encargada de dar lectura ao manifesto institucional contra a violencia de xénero, que tamén será lido o propio 25 de novembro ao inicio da representación de “Ám@te”, por parte da asociación cultural O Xeito, e programada no Outono Cultural de Brión.

Coa música de Rayden e a canción “Caza de pañuelos”, os rapaces e rapazas do IES de Brión, vestidos totalmente de negro coa excepción duns panos violetas coa lenda “Brión a prol do bo trato”, realizaron unha espectacular coreografía que foi moi aplaudida polo cento de persoas presentes no acto.

Esta programación foi organizada polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Brión en colaboración coa Deputación da Coruña e ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%